Skip to Content

Crear blogs en Drupal e engadir comentarios

Teño creado unha sala de blogs en drupal. a cuestión é que quero crear un tema de blog e que logo poidan engadirlle comentarios calquera dos visitantes que estan interesados en algún dos temas que se ofrecen na sala. ¿E esto posible? Ata agora solo podo ver algún dos creados (outros perderonseme) O foro painai1 ten un tema con un texto metido nunha taboa con marco, color de fondo. Pero podedes apreciar que mo situa desencaixado do formato que ven predeterminado. (podedes entrar no web de siegabarco ¿Sabedes a que é debido?

Foro painai

Ao foro painai engadícheslle un capa "layer" e metiches ahí o contido. Cando engado capas teño que ter coidadiño que non se poñan encima do contido nin unhas encima doutras. O contido nese recadro amarelo con borde bermello estaba sobre esa capa. Agora xa cho arreglei.

Engadir comentarios a un tema de blog

Vexo que non se engaden debaixo ou por riba os comentarios que se engaden a un tema do blog ¿Como é posible resolver isto?

Blogs

1º-Os blogs son persoais, e dicir cada usuario pode ter un blog.

2º-Os blogs permiten comentarios e poderán velos quen en permisos teñan acceso a comentarios. Non tiñas activado este permiso para os usuarios anónimos. Os permisos de comentarios van a regular o acceso a os comentarios do blog.



forum | by Dr. Radut