Skip to Content

QUE FAGO DESPOIS DA ESO?

Aquí vos deixamos unha presentación coas opcións que podedes escoller ao rematar esta etapa no Instituto.

 

Agardamos vos sexa de axuda, e ante calquera dúbida, xa sabedes onde atoparnos!

 

Pincha na seguinte imaxe para poder visualizar a presentación.

 

 
 

RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

Ábrese o prazo para reservar prazas nos centros adscritos (IES Eduardo Pondal de Ponteceso).

 

Aquel alumnado que desexe continuar os seus estudios de Bacharelato no instituto de Ponteceso, ten que realizar esta reserva de praza.

 

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 15 de xaneiro e remata o 5 de febreiro, ámbolos dous incluídos.

 

Tanto a presentación de solicitudes como a consulta dos listados de admitidos, que se publicará o 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumno (IES Urbano Lugrís de Malpica) ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

RESERVA DE PRAZA: SOLICITUDES ADMITIDAS

15/02/2024 08:45
Europe/Madrid

Todas as solicitudes de reserva de praza presentadas polo noso alumnado para cursar bacharelato o próximo curso 2024-25 no IES Eduardo Pondal de Ponteceso foron admitidas.

O IES Urbano Lugrís conta tamén con vacantes suficientes para satisfacer a demanda de prazas do alumnado procedente dos centros adscritos de primaria para o curso 2024-25.

Probas de Acceso a Ciclos de Grao Medio e Superior

Aberto o prazo para o acceso a ciclos de FP de grao medio e grao superior.

O período de inscrición para as probas de acceso a grao medio estará comprendido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024 (ambos os dous incluídos)

Data das probas: 23 de maio de 2024.

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecen dos requisitos académicos para acceder directamente e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

O período de inscrición para as probas de acceso a grao superiorestará comprendido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024 (ambos os dous incluídos).

Data das probas: 18 de abril de 2024.

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecen dos requisitos académicos para acceder directamente e teñan 19 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

Ligazón a toda a información e á convocatoria 2024

Ligazón ao enlace Vía web

Calendario das probas

Exames anteriores FP Grao Medio

Exames anteriores FP Grao Superior

RETO CAMIÑO DOS FAROS 2023-2024 - IES URBANO LUGRÍS

Dende o departamento de Educación Física propoñémosvos un proxecto saudable baseado no patrimonio cultural e natural da Costa da Morte: O Camiño dos Faros

REUNIÓN INICIO DO CURSO 2023-2024 COAS FAMILIAS

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º E 2º CURSO DA ESO

Día: Mércores 27 de setembro de 2023 ás 19:00 horas

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º E 4º CURSO DA ESO

Día: Xoves 28 de setembro de 2023 ás 18:00 horas

 

As familias agardarán no hall da entrada do instituto, donde estarán os titores/as que os levarán ás aulas correspondentes.

VALE MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

A partir do luns 4 de setembro de 2023 as persoas con dereito á axuda para a adquisición de material escolar para o curso 2023-2024 e que a solicitaran e se lles concedera poden pasar a recoller o vale correspondente en horario de 10 a 13 horas (ata o día 8 de setembro) e a partir do luns 11 de setembro en horario escolar.

Só se entregará o vale da axuda ao pai/nai ou titor/a legal do alumno/a.

 

INICIO CURSO 2023-2024

 

COMEZO DAS CLASES PARA TODO O ALUMNADO

Luns 11 de setembro de 2023

Horario: de 8:45 h a 14:10 h pola mañá e de 16:15 h a 17:55 h  pola tarde.

Haberá bus regular para o alumnado que o precise nas paradas habituais. Deberán traer o material necesario para o primeiro día (un caderno, un estoxo, merenda para o recreo se necesitan...)

 

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

CONVOCATORIA BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

PARA O CURSO 2023 - 2024

PRAZO: Ata o 20 de setembro de 2023

DESTINATARIOS/AS: Alumnado que presente unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunhas das seguintes situacións, e para a cal acredite certificado:

  • Discapacidade
  • Trastorno grave da conduta ou da comunicación e da linguaxe
  • Trastorno do espectro autista
  • Altas capacidades

INFORMACIÓN: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html 

SOLICITUDE ONLINE: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886 

FORMA DE PRESENTACIÓN: Cubrir a solicitude ONLINE a través da SEDE ELECTRÓNICA do Ministerio de Educación e Formación Profesional, para a cal debe rexistrarse:

  • Cubrir a solicitude, imprimir e asinar o PDF e presentar no centro educativo no Departamento de Orientación 

Como NOVIDADE todo o alumnado que teña as necesidades de apoio educativo recollidas na convocatoria, terán dereito a 400€ adicionais que poden solicitar como única axuda, sen ter en conta a renda familiar.

FONDO SOLIDARIO AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

CONVOCATORIA AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

PARA O CURSO 2023 - 2024

PRAZO: ata o 21 de xuño de 2023

DESTINATARIOS/AS: Alumnado matriculado no curso 23-24 en Educación Primaria, Educación Secundaria ou Educación Especial

INFORMACIÓN: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ 

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • Cubrindo manualmente o ANEXO I e ANEXO II e presentándoo no centro educativo, xunto cunha fotocopia do LIBRO DE FAMILIA onde aparezan todos os membros computables da unidade familiar, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor, en caso de separación ou divorcio.
  • Cubrindo o ANEXO I e ANEXO II a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia co código de procedemento ED330B e presentándoo telemáticamente coa CHAVE 365, DNI electrónico, Certificado Dixital ...

DATOS DO CENTRO:

  • DENOMINACIÓN DO CENTRO: IES URBANO LUGRÍS
  • CONCELLO: MALPICA DE BERGANTIÑOS
  • CÓDIGO DO CENTRO: 15008301

 

Campamentos de verán. Xunta de Galicia

02/05/2023
03/05/2023
Europe/Madrid

Información sobre os campamentos de verán organizados pola Consellería de Política Social, Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia para a mocidade galega.

O prazo de solicitude remata  ás 23:59h do martes 2 de maio.

 Acceda a toda a información clicando no documento de aquí abaixo.

CALENDARIO MATERIAS PENDENTES 22-23

CALENDARIO MATERIAS PENDENTES CURSO 22-23

OS DÍAS 9 - 10 - 11 DE MAIO en horario de tarde

Non haberá buses

Calendario aquí

BOLSAS CURSO 2023-2024

Comeza o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/2024.

PRAZOS:

27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line, e debe rexistrarse o alumno/a solicitante:

Información: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html.

Solicitude Bolsa: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1880 

 

Poderá ser beneficiario das distintas contías o alumnado que no ano académico 23/24 vaia cursar:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

INSTRUCIÓNS AQUÍ

Excursión Sevilla 4º ESO

13/04/2023 10:16
17/04/2023 10:16
Europe/Madrid

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN. CURSO 2023/2024

18/01/2023 22:08
Europe/Madrid

Presentación de solicitudes: 16 de xaneiro a 6 de febreiro (ambos incluidos).

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación:

www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

As dúbidas das familias serán resoltas polos centros educativos. As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario,  ANEXO I, en papel; ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación:

https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A 

O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non:

1. Usuarios sen identificar: Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón "Crear" aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

2. Usuarios identificados: Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo.

Atopará toda a información relativa á fase de reserva de prazas en centros de adscrición: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

 

BO NADAL E PRÓSPERO 2024!

A Comunidade Educativa do IES Urbano Lugrís deséxalles un Bo Nadal e un feliz 2024.

 

Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal do concello de Malpica: Parabéns a Alma e a Daniela!

16/12/2022 21:28
Europe/Madrid

As alumnas Alma Schurink Novo e Daniela Varela Carbajales, de 1º ESO, resultaron gañadoras da modalidade Premio Saúda de Prensa de Nadal do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal, convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Malpica.

Recibiron os correspondentes agasallos na biblioteca do instituto de mans do alcalde, Eduardo Parga, e da concelleira de Cultura, Patrimonio e deportes, Noelia Freijeiro. 

Felicitacións ás dúas pola vosa creatividade e dotes artísticas!!

 

Daniel Fariña Outeiro, Premio Extraordinario da ESO ao rendemento académico

09/11/2022 22:33
Europe/Madrid

Desde o equipo directivo e toda a comunidade educativa do centro queremos felicitar a Daniel por este logro na súa traxectoria académica. Parabéns polo teu talento e constancia!

Distribuir contido


by Dr. Radut