Skip to Content

FONDO SOLIDARIO AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

CONVOCATORIA AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

PRAZO: ata o 21 de xuño de 2023

DESTINATARIOS/AS: Alumnado matriculado no curso 23-24 en Educación Primaria, Educación Secundaria ou Educación Especial

INFORMACIÓN: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ 

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • Cubrindo manualmente o ANEXO I e ANEXO II e presentándoo no centro educativo, xunto cunha fotocopia do LIBRO DE FAMILIA onde aparezan todos os membros computables da unidade familiar, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor, en caso de separación ou divorcio.
  • Cubrindo o ANEXO I e ANEXO II a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia co código de procedemento ED330B e presentándoo telemáticamente coa CHAVE 365, DNI electrónico, Certificado Dixital ...

DATOS DO CENTRO:

  • DENOMINACIÓN DO CENTRO: IES URBANO LUGRÍS
  • CONCELLO: MALPICA DE BERGANTIÑOS
  • CÓDIGO DO CENTRO: 15008301

 

Campamentos de verán. Xunta de Galicia

02/05/2023
03/05/2023
Europe/Madrid

Información sobre os campamentos de verán organizados pola Consellería de Política Social, Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia para a mocidade galega.

O prazo de solicitude remata  ás 23:59h do martes 2 de maio.

 Acceda a toda a información clicando no documento de aquí abaixo.

CALENDARIO MATERIAS PENDENTES 22-23

CALENDARIO MATERIAS PENDENTES CURSO 22-23

OS DÍAS 9 - 10 - 11 DE MAIO en horario de tarde

Non haberá buses

Calendario aquí

BOLSAS CURSO 2023-2024

Comeza o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/2024.

PRAZOS:

27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line, e debe rexistrarse o alumno/a solicitante:

Información: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html.

Solicitude Bolsa: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1880 

 

Poderá ser beneficiario das distintas contías o alumnado que no ano académico 23/24 vaia cursar:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

INSTRUCIÓNS AQUÍ

Excursión Sevilla 4º ESO

13/04/2023 10:16
17/04/2023 10:16
Europe/Madrid

RESERVA DE PRAZA: SOLICITUDES ADMITIDAS

17/02/2023 19:55
Europe/Madrid

Todas as solicitudes de reserva de praza presentadas polo noso alumnado para cursar bacharelato o próximo curso 2023-24 no IES Eduardo Pondal de Ponteceso foron admitidas.

O IES Urbano Lugrís conta tamén con vacantes suficientes para satisfacer a demanda de prazas do alumnado procedente dos centros adscritos de primaria para o curso 2023-24.

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN. CURSO 2023/2024

18/01/2023 22:08
Europe/Madrid

Presentación de solicitudes: 16 de xaneiro a 6 de febreiro (ambos incluidos).

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación:

www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

As dúbidas das familias serán resoltas polos centros educativos. As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario,  ANEXO I, en papel; ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación:

https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A 

O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non:

1. Usuarios sen identificar: Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón "Crear" aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

2. Usuarios identificados: Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo.

Atopará toda a información relativa á fase de reserva de prazas en centros de adscrición: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

 

Felices festas e próspero ano 2023!

Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal do concello de Malpica: Parabéns a Alma e a Daniela!

16/12/2022 21:28
Europe/Madrid

As alumnas Alma Schurink Novo e Daniela Varela Carbajales, de 1º ESO, resultaron gañadoras da modalidade Premio Saúda de Prensa de Nadal do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal, convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Malpica.

Recibiron os correspondentes agasallos na biblioteca do instituto de mans do alcalde, Eduardo Parga, e da concelleira de Cultura, Patrimonio e deportes, Noelia Freijeiro. 

Felicitacións ás dúas pola vosa creatividade e dotes artísticas!!

 

Daniel Fariña Outeiro, Premio Extraordinario da ESO ao rendemento académico

09/11/2022 22:33
Europe/Madrid

Desde o equipo directivo e toda a comunidade educativa do centro queremos felicitar a Daniel por este logro na súa traxectoria académica. Parabéns polo teu talento e constancia!

Distribuir contido


by Dr. Radut