Skip to Content

FONDO SOLIDARIO AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

CONVOCATORIA AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

PARA O CURSO 2023 - 2024

PRAZO: ata o 21 de xuño de 2023

DESTINATARIOS/AS: Alumnado matriculado no curso 23-24 en Educación Primaria, Educación Secundaria ou Educación Especial

INFORMACIÓN: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ 

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • Cubrindo manualmente o ANEXO I e ANEXO II e presentándoo no centro educativo, xunto cunha fotocopia do LIBRO DE FAMILIA onde aparezan todos os membros computables da unidade familiar, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor, en caso de separación ou divorcio.
  • Cubrindo o ANEXO I e ANEXO II a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia co código de procedemento ED330B e presentándoo telemáticamente coa CHAVE 365, DNI electrónico, Certificado Dixital ...

DATOS DO CENTRO:

  • DENOMINACIÓN DO CENTRO: IES URBANO LUGRÍS
  • CONCELLO: MALPICA DE BERGANTIÑOS
  • CÓDIGO DO CENTRO: 15008301

 



page | by Dr. Radut