Skip to Content

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN. CURSO 2023/2024

18/01/2023 22:08
Europe/Madrid

Presentación de solicitudes: 16 de xaneiro a 6 de febreiro (ambos incluidos).

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación:

www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

As dúbidas das familias serán resoltas polos centros educativos. As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario,  ANEXO I, en papel; ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación:

https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A 

O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non:

1. Usuarios sen identificar: Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón "Crear" aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

2. Usuarios identificados: Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo.

Atopará toda a información relativa á fase de reserva de prazas en centros de adscrición: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

 



event | by Dr. Radut