Skip to Content

Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal do concello de Malpica: Parabéns a Alma e a Daniela!

16/12/2022 21:28
Europe/Madrid

As alumnas Alma Schurink Novo e Daniela Varela Carbajales, de 1º ESO, resultaron gañadoras da modalidade Premio Saúda de Prensa de Nadal do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal, convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Malpica.

Recibiron os correspondentes agasallos na biblioteca do instituto de mans do alcalde, Eduardo Parga, e da concelleira de Cultura, Patrimonio e deportes, Noelia Freijeiro. 

Felicitacións ás dúas pola vosa creatividade e dotes artísticas!!

 



event | by Dr. Radut