Actividades

Escolares

XXIX Semana Verde

Na seguinte ligazón pódense consultar os premiados na XVI Edición do Concurso de presentacións informáticas e audiovisuais "Ignacio López Bueno".


A Dirección do IES Terra de Trasancos quere convidalos a participar na XVI Edición do Concurso de presentacións informáticas e audiovisuais "Ignacio López Bueno". Nesta edición traballaremos sobre "A enerxía".

Poden consultar de descargar as bases do concurso nesta ligazón.

 

XV CONCURSO "IGNACIO LÓPEZ BUENO" -- PROCLAMACIÓN DE GAÑADORES

O xurado do concurso vén de resolvelo outorgando os seguintes premios:

 

Poden ver os traballos premiados na aula virtual, e consultar a acta na seguinte ligazón.

I Concurso STEMeme

Os departamentos de Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía do IES Terra de Trasancos, en colaboración coa Dirección do centro, invitan ao alumnado do IES a participar na primeira edición do Concurso STEMeme, centrado na creación de memes de temática científica e tecnolóxica.

Poden acceder ás bases do concurso nesta ligazón.

 

XXVIII SEMANA VERDE - 2022

A Dirección do IES Terra de Trasancos quere convidalos a participar na XV Edición do Concurso de presentacións informáticas e audiovisuais "Ignacio López Bueno". Nesta edición traballaremos sobre "O Vidro", establecido como tema do Ano Internacional de 2022 por Nacións Unidas a proposta de España.

Cartel XV edición Concurso "Ignacio López Bueno"

Poden consultar de descargar as bases do concurso nesta ligazón.

XXV ANIVERSARIO DA SEMANA VERDE

Levamos 25 anos traballando para concienciar ao noso alumnado dos problemas asociados ao medio ambiente, que hoxe en día se recoñece como unha necesidade a nivel mundial. 

Este ano conmemoramos no IES Terra de Trasancos a XXV Semana Verde. Fai 25 anos, o Departamento de Física e Química do centro, decidiu comezar no centro cunha semana onde se prestaría especial atención ao Medio Ambiente e se realizarian accións de concienciación medioambiental entre o alumnado de Trasancos. Foron pasando os anos e a oferta foi incrementada co Concurso de Presentacións Informáticas"Ignacio López Bueno", que  chega á súa XII Edición e que este ano ten por tema a Contaminación Acústica, durante todo o curso os alumnos estiveron traballando en diferentes accións e medicións que se plasmarán nunha estatística e en medidas para a mellora desa contaminacións.

Ademais diso os alumnos terán talleres de:
  -Obradoiro “Montaxe de móbiles artesanais” 
  -Obradoiro de construcción de instrumentos musicais
  -Obradoiro de Enxeñería  
  -Obradoiro de cerámica
  -Poemas sonoros
  -Masaxes sonoras
  -Experimentos de son coa profesora de Física e Química
  -Obradoiro sobre a “Repercusión da Contaminación Acústica na saúde e no Medio Ambiente” 
   -Obradoiro sobre “Aparato auditivo e fonador” 
Moitos parabéns e longa vida á Semana Verde!!!

Aquí podes ver as fotos do Obradoiro de Cerámica

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer