Actividades

XXV ANIVERSARIO DA SEMANA VERDE

Levamos 25 anos traballando para concienciar ao noso alumnado dos problemas asociados ao medio ambiente, que hoxe en día se recoñece como unha necesidade a nivel mundial. 

Este ano conmemoramos no IES Terra de Trasancos a XXV Semana Verde. Fai 25 anos, o Departamento de Física e Química do centro, decidiu comezar no centro cunha semana onde se prestaría especial atención ao Medio Ambiente e se realizarian accións de concienciación medioambiental entre o alumnado de Trasancos. Foron pasando os anos e a oferta foi incrementada co Concurso de Presentacións Informáticas"Ignacio López Bueno", que  chega á súa XII Edición e que este ano ten por tema a Contaminación Acústica, durante todo o curso os alumnos estiveron traballando en diferentes accións e medicións que se plasmarán nunha estatística e en medidas para a mellora desa contaminacións.

Ademais diso os alumnos terán talleres de:
  -Obradoiro “Montaxe de móbiles artesanais” 
  -Obradoiro de construcción de instrumentos musicais
  -Obradoiro de Enxeñería  
  -Obradoiro de cerámica
  -Poemas sonoros
  -Masaxes sonoras
  -Experimentos de son coa profesora de Física e Química
  -Obradoiro sobre a “Repercusión da Contaminación Acústica na saúde e no Medio Ambiente” 
   -Obradoiro sobre “Aparato auditivo e fonador” 
Moitos parabéns e longa vida á Semana Verde!!!

Aquí podes ver as fotos do Obradoiro de Cerámica

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer