Actividades

Blogues

Concurso de portas de Nadal

CORO SOLIDARIUM A NEERPELT

Lembrade que o día 23 de marzo,ás 20,30 no Pazo da Cultura de Narón, teremos a Gala Solidaria para recaudar fondos para a nosa viaxe a Neerpelt, contamos coa presenza de todos!!!Xuntos o conseguiremos!!

Haberá moitas actuacións de calidade presentadas polo noso inigualable Dani Ríos e moitas sorpresas...agardámosvos!!!!

 

 

SEMANA DAS ÁNIMAS EN TRASANCOS

 

CALENDARIO DA SEMANA DAS ÁNIMAS EN TRASANCOS

30 OUTUBRO AO 3 DE NOVEMBRO

 

1-   Os alumnos de 1º e 2º de ESO asistirán ás actividades programadas polo Equipo da Biblioteca co seguinte horario:

LUNS 30 DE OUTUBRO: 2º ESO B
10,30-11,20
MARTES 31 DE OUTUBRO: 2º ESO C
9,20-10,10 
 MARTES 31 DE OUTUBRO: 1º ESO B 
10,30-11,20 
XOVES 2 DE NOVEMBRO: 1º ESO A
12,30-13,20 
VENRES 3 DE NOVEMBRO: 2º ESO A E PMAR
9,20-10,10


2- Os alumnos que o desexen poderán traer nunha cartolina branca ou nunha lámina do block de debuxo unha ilustración da cabeza de Jack Skeleton, o protagonista de "Pesadilla antes de Navidad", ou calqueira outra ilustración dalgunha das personaxes de Tim Burton e entregarllas a Beatriz Lamigueiro o luns 30 de outubro. Cada ilustración entregada recibirá unha pequena recompensa.



 3- O luns 30 de outubro e o xoves 2 de novembro durante o primeiro recreo terá lugar unha proxección de curtas de Tim Burton para todos os alumnos do centro no Salón de Actos.



4- O venres 3 de novembro todos os alumnos poderán vir maquillados de forma terrorífica ou participar nun obradoiro de maquillaxe de Tim Burton que terá lugar durante os recreos do venres 3 de novembro no vestíbulo do centro.

 

PASADE ESTES TERRORÍFICOS MOMENTOS EN TRASANCOS COMO POIDADES!!!!

PRESENTACIÓN E COMEZO DO CURSO 2017/18

A presentación será o día 15 de setembro ás 12,15 e durará ata as 13,15. Haberá servicio de autobuses.

Lembrade traer boli e libreta para anotar os horarios e profesores.

O día 18 comezaremos as clases co horario habitual.

Bo curso para todos!!!!

PREMIO PARA O IES TERRA DE TRASANCOS. COUSAS DE VELLOS.

O pasado domingo recollimos un novo premio para esta curta feita polos alumnos de audiovisuais de Trasancos.

Noraboa a eles é á súa profe e a seguir facendo cine!!

Podedes ver a noticia e a curta aquí.

LAS CONVENIENCIAS. CORTO DE 1º DE BACH.

 Ola a todos:

 Por fin temos o vídeo feito polos alumnos de Bach.

 Grazas á productora TUS OJOS por axudarnos a materializar a nosa idea dentro das actividades programadas con motivo do ano Europeo do Desarrollo (AECID).

 E grazas ao programa " Nuestro mundo, nuestra dignidad, nuestro futuro"por darnos esta oportunidad de coñecer máis de cerca os Obxectivos do Milenio.

 Agardamos vos guste!!! Noraboa a todos!!!

 PINCHA NO ENLACE PARA VER O VÍDEO

NOVIDADES, NOVIDADES!!!!

Entra no Blog e entérate das últimas novidades do noso centro!!!!!!! Hai moitas!!!!

NOVO BLOG DO CENTRO

Estimados membros da comunidade do IES TERRA DE TRASANCOS:

 

Inauguramos o novo BLOG do IES TERRA DE TRASANCOS. Nel aparecerán as novidades acerca de actividades no centro, fotos e todo o material de interese para alumnos,pais e profesores.

 

Aquí tedes o enlace ao Blog que tamén aparecerá no lado dereito da pantalla no apartado de BITÁCORAS.

 

Un saúdo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer