Curso 2012-2013

Conversas con Pepe Carreiro

 

O xoves 21 de febreiro os alumnos e alumnas de 1º coñecerán

ao debuxante e guionista galego Pepe Carreiro.

Pepe Carreiro é o creador, entre outras obras e personaxes, da famosa

serie de Os Bolechas. O debuxante estará no noso centro para ter unha

interesante conversa cos rapaces e rapazas.

A actividade está organizada polo departamento de Lingua Galega.

Visita á Domus

O martes 19 de febreiro 40 alumnos de 3º viaxarán

ata A Coruña para visitar o museo científico da Domus.

A actividade está organizada polo departamento de Ciencias Naturais.

 

Intercambio cultural

ENTROIDO 2013

XOVES 14 DE FEBREIRO

CELEBRAMOS O ENTROIDO NO NOSO CENTRO,

DESDE AS 12:30 ATA AS 14:30 HORAS

 

 

 

- CERTAME GASTRONÓMICO

- DESFILE DE DISFRACES

- CONCURSO DE DISFRACES

- CONCURSO DE COMPARSAS

- MÚSICA

- CHOCOLATADA

 

O tema será PERSONAXES HEROICOS (históricos e mitolóxicos).

Forma unha comparsa cos teus compañeiros e desfilade ao ritmo da música elixida por vós.

Intercambio en Austria 2012-2013

 

Entre os días 2 e 9 de febreiro 24 alumnos e alumnas de 4º da ESO, acompañados de dúas profesoras, viaxarán á localidade austríaca de Seerkirchen (situada a 20 km. de Salzburgo) en réxime de intercambio con familias dese país. Durante ese tempo realizarán numerosas actividades, visitarán distintos lugares e compartirán experiencias persoais e académicas con rapaces e rapazas daquel país.

Esta actividade xa se realizou no curso pasado e aquí tedes algúns comentarios que deixaron algunhas das persoas que participaron nese intercambio:

Na miña opinión foi unha das mellores viaxes que fixen na miña vida. (Miguel Morla)

O que podo dicir desta aventura é que volvería repetila cos ollos pechados. (Elisa Carballa)

Fíxenme amigo de moitísima xente e gustaríame ir de vez en cando facerlles visitas. (Jonás Iglesias)

Esta viaxe foi de gran axuda para nós, polo menos para min, xa que puiden aprender outra maneira de vida, outro horario, outros costumes.. (Jorge Agís)

Encantoume o intercambio e foi unha experiencia totalmente nova para min vivir na casa doutra familia, cun idioma e cultura diferente á miña. (Ricardo Rodiño)

                             PROGRAMA DA VIAXE

Sábado, 2-2-13: Viaxe, chegada e acollida nas familias.

Domingo, 3-2-13: Actividades coas familias.

Luns, 4-2-13: Excursión a Salzburgo.

Martes, 5-2-13: Excursión a Salzburgo.

Mércores, 6-2-13: Acollida no centro educativo de Seekirchen e no concello da localidade.

Xoves, 7-2-13: Excursión ás minas de sal de Altaussee e á vila de Hallstatt.

Venres, 8-2-13: Clases no instituto BG Seekirchen e festa de despedida pola tarde.

Sábado, 9-2-13: Viaxe de regreso.

FORMACIÓN PROXECTO ABALAR

A partir do 16 de xaneiro, e durante 8 semanas, 21 profesores e profesoras

do centro realizarán un curso de formación e asesoramiento en centros

dentro do Proxecto Abalar.

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS

O 16 de xaneiro terán lugar no noso centro varias charlas impartidas pola Asociación Arela. As charlas teñen un obxectivo preventivo das condutas infractoras máis salientables nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais, o maltrato familiar..., explicando as consecuencias legais e as responsabilidades.

Powered by Drupal - Design by artinet