ESCOLA DE NAIS E PAIS (ENAPAS)- IES SANXENXO

O centro de formación e recursos de Pontevedra en colaboración co IES SANXENXO ten programada charla para familias relacionada co seguinte tema:

 

“Familias: sobreprotexer é desprotexer”

Eva Millet aborda os efectos na infancia e na xuventude da “hiperpaternidade”, un fenómeno que vai da sobreprotección ao control excesivo, tanto na casa como na aula, desautoriza aos profesores e invade o espazo dos nenos na escola.

 

 

 

Recordamos que o Concello de Sanxenxo, coa finalidade de facilitar a todos os pais e nais a asistencia a estas xornadas, ofrece, previa inscrición no teléfono 986 727 936,  servizo de ludoteca para nenos/as de 3 a 12 anos.

 

 

 

Ditas charlas terán lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán na data que aparece na imaxe

Powered by Drupal - Design by artinet