O vindeiro LUNS 12 DE SETEMBRO, segundo o horario que aparece máis abaixo, procederase á firma dos contratos de cesión do equipamento edixgal por parte do pai/nai ou titor/a legal do alumnado que se incorpora novo no centro así como a entrega do mesmo.
As familias poden consultar na seguinte dirección: http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanxenxo/taxonomy/term/121 , ou premendo no menú SECRETARÍA do lado esquerdo da pantalla onde pon EDIXGAL, toda a información acerca do uso axeitado do equipamento e as coberturas do seguro de roturas (voluntario).
Os horarios establecidos son os seguintes:
1º ESO A: ás 19:00 horas
1º ESO B: ás 19:30 horas.
1º ESO C: ás 20:00 horas.
O equipo directivo