RELACIÓN DE CANDIDATURAS SECTOR FAMILIAS, ÁS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de pais/nais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria de tres do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste IES fai pública a relación de nomes das candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

1. Afonso Martínez, Montserrat

2. Fraga Sanmartín, Belén

De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a DOUS representantes dos pais/nais do alumnado, dun total de tres que debe ter o Consello Escolar.

Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de pais/nais para o Consello Escolar do 5 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 18 ao 22 de novembro, ambos días inclusive. 

O que se fai público para xeral coñecemento.

Sanxenxo, a 18 de novembro de 2021

O DIRECTOR DO CENTRO E

PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL

Carlos Santiso Medín

Powered by Drupal - Design by artinet