Charla: " Xestión da alimentación selectiva en idade escolar"

O Concello, o Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (CFR) e as ANPAs retoman as xornadas formativas dirixidas a pais e nais

A primeira charla formativa deste curso levarase a cabo este venres, 19 de novembro ás 20,00 h no Pazo Emilia Pardo Bazán e estará a cargo da dietista- nutricionista Lidia Folgar.

inscrición realizarase chamando ao 986 727 936 de 8,00 a 15,00 h e de 16,00 a 20,00 h. As familias que o precisen disporán de servizo de ludoteca para poder deixar aos seus fillos/as mentres asisten a charla.

Está dirixida a aqueles pais e nais aos que lles preocupa de maneira especial a alimentación dos seus fillos/as e que se preguntan si o están facendo da maneira axeitada. Non sempre resulta doado encontrar receitas saudables e que non provoquen o rexeitamento dos mais pequenos/as. Con esta xornada o que se pretende é que a través dos alimentos mais importantes para unha boa alimentación como son froitas, verduras, peixe... poidamos facer combinacións que conquisten o paladar dos nosos fillos/as e que, como pais e nais, esteamos tranquilos xa que lles estamos ofrecendo as achegas nutricionais axeitadas.


Powered by Drupal - Design by artinet