ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR-SECTOR FAMILIAS-

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA

 

De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 24/09), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

1.- De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a DOUS pais/nais, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 18 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do instituto ou PREMENDO SOBRE ESTA FRASE. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:00 horas do citado día 14 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 18 de novembro, ás 13:00 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 18 ao 22 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos/as, previa petición á presidenta da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do IES. A véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de dous electores/as.

7.- As votacións realizaranse neste IES o día 23 de novembro, de 17:30 a 20:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 17:00 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo 1 nome dos candidatos/as presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegado e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Sanxenxo, a 8 de novembro de 2021

O DIRECTOR DO CENTRO E

 PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL

 

Powered by Drupal - Design by artinet