DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Co gallo do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO celebrouse no noso centro, entre outras actividades, un concurso de chíos (tuits) sobre o tema da violencia de xénero, co seguinte resutado:

1º PREMIO : CELIA RODRÍGUEZ VILLAVERDE (4ºB) "Se apagaches o seu sorriso, apagaches a túa dignidade."

2º PREMIO: PAULA BALBOA OTERO (4ºA) "Se te cres superior a ela, estás por debaixo da superficie da Terra"

                         

 

Mª José Iglesia (Encargada da Biblioteca), Cristina Loureiro (Profesora de Lingua Galega) e Severino Amado (Xefe do Departamento de Dinamización e Normalización Lingüística) entregando o primeiro premio a Celia Rodríguez Villaverde.

Severino Amado (Xefe do Departamento de Dinamización e Normalización Lingüística) entregando o segundo premio a Paula Balboa Otero.

Outros chíos interesantes que resultaron finalistas no concurso foron:

“Se un home lle pega a unha muller deixa de ser home” Diego Méndez Rey 1ºB
“A violencia non é de intelixencia” Ángel García Paredes 1º C
“Sen maltrato e con amor todo poderá ser mellor” Lucas Kergan Martínez 1ºC
“Gústache maltratar? Ponte no seu lugar” Alejandro Rey Santos 1ºC
“Se es maltratador deixas de ser persoa. Ponlle freo á violencia de xénero, non deixes que avance. STOP! Detente a pensar!” Carmen Sanmartín Fraga 2ºA
“Ela loita polo seu traballo, loita pola súa familia, loita polos vosos fillos, loita polo que ela cre, pero non debería ter que loitar na vosa casa” Pablo Crespo Poceiro 2ºB
“Se es machista a túa conciencia non está tranquila” Gonzalo Gómez Sueiro 3ºA
“O maltrato non é a solución, co diálogo arránxase todo” Ana Eirabella Torres 3ºB
“Imaxina que é a túa nai e que ti es o que a fai sufrir cada día da súa vida” “Imaxina que é a túa nai e que ti es o que a fai sufrir cada día da súa vida” 3ºB
“Mírate a un espello e dime o que pensas, porque se necesitas maltratar e facer que as mulleres se sintan inseguras, o inseguro es ti” Mónica Justo Fontán 3ºC
“Só os covardes sodes valentes coas vosas mulleres. Non lle fagas dano á persoa que te quixo dende un principio” María Cacabelos Escudero 4ºA
“Que gañas maltratándoa? Nada. Que gañas queréndoa? Moito. Se o pensas, o único que fas é perder o que tiñas” María Durán Cal 4ºA
“Sinto que só sexas escoria humana, quizais aínda poidas ter unha segunda oportunidade, ou igual xa só es unha existencia desperdiciada” Pablo Ferreira Martínez 4ºA

AdxuntoTamaño
1º premio.JPG141.19 KB
2º premio.JPG141.22 KB

Powered by Drupal - Design by artinet