Grego

Coñécete a ti mesmo

O Grego é materia propia da modalidade do Bacharelato de Humanidades nos cursos 1º e 2º. O seu ensino está avalado pola influencia constante que a cultura da antiga Grecia exerceu no mundo occidental, de xeito tal que aínda seguimos a ser gregos en parte do noso modo de pensar e de falar.

A materia xira en torno a estes catro núcleos: 

   

1

A aprendizaxe do alfabeto e a gramática gregos para traducir textos sinxelos

  Inscrición délfica

Esta é a célebre inscrición do templo de Apolo en Delfos. A súa tradución:

Coñécete a ti mesmo

   

2

Léxico grego e palabras de etimoloxía grega presentes nas nosas linguas

Escultura grega de bronce

 

 

A cultura grega xira en torno á palabra ἄνθρωπος, persoa, da que derivan palabras nosas como antropoloxía, a ciencia que estuda ao ser humano, ou licántropo, sinónimo de lobishome.

   

3

Lectura de obras literarias gregas

Detalle dun vaso grego

 

Fálame, Musa, do moi enxeñoso home que, despois de destruír a sacra cidadela de Troia, andou errante durante moito tempo, viu cidades e coñeceu costumes de moitos homes, e padeceu no seu ánimo penas innumerables na súa travesía polo mar.

Comezo da Odisea de Homero

   

4

A cultura da antiga Grecia

E ás portas da cidade de Tebas a Esfinxe propúxolle un enigma a Edipo, a condición de matalo se non o resolvía. E o enigma dicía así:

Edipo e a esfinxe, cerámica grega

Existe sobre a terra un ser bípede e cuadrúpede, que só ten unha voz, e é tamén trípode. É o único que cambia o seu aspecto de cantos seres se moven pola terra, polo aire ou polo mar. Pero, cando anda apoiado en máis pés, entón a mobilidade nos seus membros é moito máis débil.

Do mito de Edipo 

 

( categories: )

Blogues elaborados polo alumnado

 

CURSO 2007-08

 

CURSO 2008-09

 
 
Enlace blogue helenismos
 
Atenea
 
 

HELENISMOS

 

FRASES DE GRECIA

 
( categories: )
Distribuir contido