Skip to Content

 

Actividades

A palabra máis fermosa

Para celebrar o Día do Libro, desde a biblioteca tiñamos planificado facer esta e outras actividades pero de maneira presencial, coma se fixera outros anos. A situación de confinamento na que estamos cambiou os plans de toda actividade nos centros. Para adaptarnos á situación, sen deixar de continuar coa nosa actividade, o pasado 23 de abril propuxémoslle ao alumnado participar para facer a exposición que tiñamos pensado, pero de maneira virtual. O título da exposición é "A palabra máis fermosa", e nela amosamos palabras en todas as linguas impartidas no noso centro xunto coa súa definición, ou o que evocan, ou unha cita literaria que as contén.

 
A palabra, a ferramenta principal da comunicación, o elemento de significado completo máis poderoso para expresar feitos, sentimentos e emocións, para describir obxectos, persoas, lugares, ambientes... a esencia das linguas, que todos os membros de todas as comunidades humanas en calquera lugar do mundo comparten entre si. Igual que un aroma ou unha música poden transportarnos a outros lugares ou momentos das nosas vidas, tamén a palabra pode ter ese poder de evocación. A palabra, a materia prima da escritora, do poeta, da novelista, do dramaturgo, da xornalista... a cerna do libro.
 
A PALABRA MÁIS FERMOSA
 
 
 
 
 

 
LA PALABRA MÁS BELLA
 
 

 
THE MOST BEAUTIFUL WORD
 
 

 
LE PLUS BEAU MOT
 
 

 
ALUMNADO PARTICIPANTE
 

Apadriñamento virtual

 

APADRIÑAMENTO VIRTUAL CON ALUMNADO DO CEIP ANTONIO PALACIOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

 

 

O estado de alarma impediu facer a actividade programada de apadriñamento lector con alumnado do CEIP Antonio Palacios, na que ía participar alumnado noso de 2º ESO que se desprazaría ao colexio para ter unha sesión de lectura compartida con alumnado de infantil. Non nos resignamos a perder ese contacto e a participar nas celebracións da semana do libro e fixemos este apadriñamento virtual que o alumnado poderá ver desde as súas casas. Moitas grazas ao alumnado e profesorado participante.

 

 

A muller no deporte

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende a biblioteca do noso centro estamos a seleccionar títulos de películas e documentais relacionados coa muller no deporte.

 

 

 

Breve introducción aos títulos seleccionados:

I, Tonya: Sobre as dramáticas relacións persoais dunha campioa de patinaxe.

Girlfight: A historia dunha xove dun barrio humilde que se introduce no mundo do boxeo.

Offside: Comedia sobre a prohibición de que as mulleres asistan a eventos deportivos en Irán.

Roller Girls (Whip it): A paixón dunha rapaza por un estilo de patinaxe de contacto, o roller derby.

La reina de Katwe: A historia dunha xove xogadora de xadrez ugandesa que pouco a pouco vai progresando na sua disciplina.

A golpes: Historia de superación deportiva misturada con drama social.

Campeonas invisibles: documental sobre o efímero dos éxitos do deporte feminino e as dificultades para a súa visibilidade (dispoñible en YouTube)

Hoy partido a las tres: Paixón polo fútbol e relacións entre as compoñentes dun grupo de xogadoras nun barrio dunha cidade da Arxentina nun peculiar torneo. (Filmin)

Ladies first : Documental sobre a vida dunha arqueira india nun ambiente de pobreza e desigualdade de xénero. (Netflix)

Homeground: Serie de TV. Un equipo de fútbol da 1ª división norueguesa ten que buscar urxentemente un entrenador para empezar a liga. A elexida é unha muller. O problema é que nun mundo tan de homes non lle será fácil sair adiante (Filmin) 

La mujer que cambió la historia del maratón para siempre: charla con Kathrine Switzer, dentro da serie Aprendemos juntos, do BBVA, dispoñible en internet.

 

Día da Paz 2020

Unha vez máis celebramos o pasado 30 de xaneiro o Día escolar pola Paz. Dende o noso instituto queremos fomentar unha cultura da non violencia apostando por unha educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos. 

O alumnado mostrou a súa creatividade a través de poemas e cancións inspirados por este sentimento universal. 

 

Pincha aquí para acceder ao albúm de imaxes

 

Presentouse de forma inédita a canción "Autodestrucción" composta e interpretada por Daniel Rodriguez de 1º Bacharelato.

 

 

 

Podes ler os poemas recitados neste día polo noso alumnado pinchando aquí.

 

Un Conto de Nadal

O pasado 17 de decembro de 2019 fíxose unha lectura colectiva no Salón de Actos co alumnado de 1º ESO coincidindo coa sesión semanal da hora de ler. Coa colaboración entre os Departamentos de Inglés e Música e a Biblioteca na selección e adaptación de textos e imaxes, ambientación musical, decorados e dirección, alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas fixo a lectura de "Un Conto de Nadal", de Charles Dickens e alumnado de 1º ESO  acompañou a lectura cantando panxoliñas de Nadal.

 

Suxestións de Lecturas para Nadal

Desde a biblioteca facemos as nosas suxestións de lectura para o vindeiro Nadal. Hai algunhas novidades deste trimestre e outros títulos ben coñecidos.

Animámosvos a que pasedes pola biblioteca para ver estes e outros libros de recente adquisición e escollades o que máis vos guste para estas vacacións.

 

 

Pincha na imaxe para acceder á presentación

Distribuir contido


by Dr. Radut