Skip to Content

Actividades

Encontro con Sonia Mirón, semana do libro 2016.

Dentro da programación en torno ao día Internacional do libro que cada curso organizamos dende a biblioteca escolar hai un espazo para que o alumnado coñeza aos autores e autoras e as súas obras. Desta volta acompañounos Sonia Mirón para falarnos do seu libro "Si tu quieres".  

Diverler 15-16. O clube de lectura de Biblioribeira.

 

O vindeiro martes 13 darán comezo os encontros do noso club de lectura Diverler. O funcionamento do clube será unha continuación dos cursos anteriores: segundos martes de cada mes. Os arredor de sesenta alumnas e alumnos que forman parte do clube poderán disfrutar destas lecturas, algunhas xa rulan polo insti! Risa

 

Matar a un ruiseñor, Harper Lee

Granxa dos animais, George Orwell

Lume de cobiza, Miguel Anxo Fernández

La cena secreta, Javier Sierra.

Bieito Dubidoso, Roque Cameselle.

 

Campo de fresas, Jordi Sierra i Fabra.

Chamádeme Simbad, Francisco Castro.

La fórmula mágica del profesor, Yoko Ogawa.

Un bosque cheo de faias, Francisco Castro.

La lección de August, R.J. Palacio

 

Como en antos anteriores combinaremos lecturas e cine, linguaxe impresa e audiovisual. 

 

 

Benvid@s á biblioteca escolar, curso 2015-2016

 Benvid@s 

 

Sorry, flash is not available.

 

SARA NORNIELLA RECOLLE O PREMIO ROSALÍA DE CASTRO

A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés entregaron o 12 de xuño os premios ás s gañadoras das tres categorías do III Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, logo da xuntanza do xurado.  As afortunadas foron: Sara Norniella (O Porriño), Fátima Barros (Moraña) e Lucía Cernadas (Cambre).

O xurado estaba formado polas escritoras Neves Soutelo, Elvira Ribeiro e o escritor Anxo Angueira (tamén presidente da Fundación Rosalía), ademais de José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia.

No vídeo que vén a seguir sara Norniella recita o poema gañador "Caos"

Sorry, flash is not available.


 

Sara  recolle o premio da man de Jose Manuel Blanco

 

 Sara coa tutora Virginia e con Paz

Coas poetas Elvira Ribeiro e Neves Soutelo         

Distribuir contido


by Dr. Radut