Skip to Content

Actividades

Inicio da hora de ler

Comenzamos o novo curso 2019/20 e dende Biblioribeira xa estamos a preparar novas actividades de animación á lectura. 

Colle o teu libro preferido e sumérxete no apaisoado mundo da lectura cos teus compañeiros e compañeiras de clase. Consulta o arquivo adxunto co horario desta actividade. 

A desfrutar!

hora ler

Concerto de Uxía Senlle

O pasado 3 de maio contamos no noso centro coa extraordinaria voz da cantante galega Uxia Senlle, unha das grandes embaixadoras musicais da cultura galega no mundo da lusofonía. Xunto co guitarrista brasileiro Sergio Tannus, Uxia fixo un percorrido polo seu máis recente repertorio, incluído no album "A palabra cantada". Uxía falounos sobre as cantigas de amigo, a importancia das mulleres na tradición oral, algúns dos nosos poetas máis relevantes (Rosalía, Curros Enríquez, Manuel María, Uxío Novoneyra...) e a conexión da cultura galega co eido lusófono. No remate do concertocantamos todos con Uxía algunhas cancións galegas e portuguesas. 

1º Premio "Educar nos Valores"

O equipo de teatro no IES Ribeira do Louro está de noraboa! Acadamos o primeiro premio na categoría "Educar en valores" dos Premios da xuventude da Deputación de Pontevedra, polo proxecto "Educando co teatro".

Distribuir contido

by Dr. Radut