Skip to Content

RECOMENDACIÓNS DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Xa podedes atopar na nosa biblioteca libros e películas relacionadas co 30 de xaneiro, data na que se conmemora o día escolar da non violencia e a paz.

 

GAÑADOR CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Velaquí o gañador desde ano do noso concurso de postais de Nadal. Noraboa, Raúl, e moitas grazas a tod@s pola vosa participación.

Felices festas a tod@s!

 

 

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Como cada ano, Biblioribeira ofrécevos unha escolma de títulos para acompañarvos durante as vacacións de Nadal.

Premede no seguinte enlace e movédemos en horizontal e vertical polo noso mural.

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 

DÍA INTERNACIONAL DO NENO

Co gallo da conmemoración
do Día Internacional do Neno, o pasado 20 de novembro, o noso alumnado
participou no Pleno Infantil do Concello de O Porriño, celebrado este ano por
vía telemática. 

Nel participaron todos os
centros educativos da localidade -CEIP Xosé Fernández López, CEIP Atios, CEIP
Ribeira, CEIP Antonio Palacios, Centro ACEESCA, Centro Hermanos Quiroga, IES
Pino Manso e, o noso, IES Ribeira do Louro- e reflexionaron sobre a situación
actual sanitaria e as súas consecuencias nos dereitos fundamentais da infancia.
Para rematar, fixeron as súas propostas para a celebración dun Nadal
diferente. 

A experiencia foi todo un
éxito, sen dúbida froito do esforzo e o labor de todos e cada un dos
participantes. 

Aquí vos deixamos as
cartas que os nosos vocais infantís escribiron para ler no pleno.

AdxuntoTamaño
Querido yo del 2030.pdf222.04 KB
Discurso para o pleno do Concello de Porriño.pdf71.53 KB

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Voltamos cun novo concurso!

Esta vez trátase de elaborar a postal de Nadal coa que o noso centro felicitará a toda a comunidade educativa.

Na biblioteca poderedes atopar cartolina branca para elaborar unha postal en tamaño A5 (medio folio) e en vertical. O voso debuxo deberá ir acompañado da frase “O IES Ribeira do Louro deséxalles bo Nadal e un feliz 2021” (ou similar). O nome do/a alumno/a e o curso deberán aparecer na parte traseira da cartolina.

A data límite de entrega será o día 17 de decembro, na biblioteca do centro. As postais serán expostas na árbore que se colocará na entrada do centro e de entre todas as postais recibidas faremos unha seleción, da que sairán os/as finalistas. O/A gañador/a será elexido/a mediante votación popular en Instagram (días 18, 19 e 20) e será anunciado/a o día 21, día no que recibirá un agasallo.

Animádevos!

 

25N. PUNTO DE LECTURA E PELÍCULAS.

Lembrade que en Biblioribeira temos unha selección de libros e películas relacionadas coa violencia de xénero.

GAÑADORA I CERTAME DE CARTEL CONMEMORATIVO

Noraboa Lucía por un cartel tan fermoso e unha mensaxe tan significativa.

English Table Talk na Biblioribeira

Onte tivo lugar na Biblioribeira a primeira English Table Talk con Kendall, a nosa auxiliar de conversa, sesións informais nas que o noso alumnado terá a oportunidade de mellorar o seu nivel oral en lingua inglesa.

Animádevos a participar!

Gañadoras do Trivial Biblioribeira

A nosa noraboa a Ángela e Noa, gañadoras do Trivial Biblioribeira.

Desfrutade do voso premio!



by Dr. Radut