Skip to Content

Apadriñamento virtual

 

APADRIÑAMENTO VIRTUAL CON ALUMNADO DO CEIP ANTONIO PALACIOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

 

 

O estado de alarma impediu facer a actividade programada de apadriñamento lector con alumnado do CEIP Antonio Palacios, na que ía participar alumnado noso de 2º ESO que se desprazaría ao colexio para ter unha sesión de lectura compartida con alumnado de infantil. Non nos resignamos a perder ese contacto e a participar nas celebracións da semana do libro e fixemos este apadriñamento virtual que o alumnado poderá ver desde as súas casas. Moitas grazas ao alumnado e profesorado participante.

 

 

A muller no deporte

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende a biblioteca do noso centro estamos a seleccionar títulos de películas e documentais relacionados coa muller no deporte.

 

 

 

Breve introducción aos títulos seleccionados:

I, Tonya: Sobre as dramáticas relacións persoais dunha campioa de patinaxe.

Girlfight: A historia dunha xove dun barrio humilde que se introduce no mundo do boxeo.

Offside: Comedia sobre a prohibición de que as mulleres asistan a eventos deportivos en Irán.

Roller Girls (Whip it): A paixón dunha rapaza por un estilo de patinaxe de contacto, o roller derby.

La reina de Katwe: A historia dunha xove xogadora de xadrez ugandesa que pouco a pouco vai progresando na sua disciplina.

A golpes: Historia de superación deportiva misturada con drama social.

Campeonas invisibles: documental sobre o efímero dos éxitos do deporte feminino e as dificultades para a súa visibilidade (dispoñible en YouTube)

Hoy partido a las tres: Paixón polo fútbol e relacións entre as compoñentes dun grupo de xogadoras nun barrio dunha cidade da Arxentina nun peculiar torneo. (Filmin)

Ladies first : Documental sobre a vida dunha arqueira india nun ambiente de pobreza e desigualdade de xénero. (Netflix)

Homeground: Serie de TV. Un equipo de fútbol da 1ª división norueguesa ten que buscar urxentemente un entrenador para empezar a liga. A elexida é unha muller. O problema é que nun mundo tan de homes non lle será fácil sair adiante (Filmin) 

La mujer que cambió la historia del maratón para siempre: charla con Kathrine Switzer, dentro da serie Aprendemos juntos, do BBVA, dispoñible en internet.

 

Día da Paz 2020

Unha vez máis celebramos o pasado 30 de xaneiro o Día escolar pola Paz. Dende o noso instituto queremos fomentar unha cultura da non violencia apostando por unha educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos. 

O alumnado mostrou a súa creatividade a través de poemas e cancións inspirados por este sentimento universal. 

 

Pincha aquí para acceder ao albúm de imaxes

 

Presentouse de forma inédita a canción "Autodestrucción" composta e interpretada por Daniel Rodriguez de 1º Bacharelato.

 

 

 

Podes ler os poemas recitados neste día polo noso alumnado pinchando aquí.

 

Top préstamos curso 2018/19

Dende a biblioteca estivemos comprobando os títulos máis prestados durante o pasado curso 2018/19. Sen ter en conta os libros de lectura obrigatoria dos departamentos de linguas, esta é lista de títulos por orde de préstamos:

Películas   Libros en Galego Libros en Castelán
Campeones Infamia La uruguaya
Wonder 22 segundos Del color de la leche
Carmen y Lola O corazón de Branca de Neve Puerto escondido 
  O último barco Un amor

                                  

 

 
 

Un Conto de Nadal

O pasado 17 de decembro de 2019 fíxose unha lectura colectiva no Salón de Actos co alumnado de 1º ESO coincidindo coa sesión semanal da hora de ler. Coa colaboración entre os Departamentos de Inglés e Música e a Biblioteca na selección e adaptación de textos e imaxes, ambientación musical, decorados e dirección, alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas fixo a lectura de "Un Conto de Nadal", de Charles Dickens e alumnado de 1º ESO  acompañou a lectura cantando panxoliñas de Nadal.

 

Suxestións de Lecturas para Nadal

Desde a biblioteca facemos as nosas suxestións de lectura para o vindeiro Nadal. Hai algunhas novidades deste trimestre e outros títulos ben coñecidos.

Animámosvos a que pasedes pola biblioteca para ver estes e outros libros de recente adquisición e escollades o que máis vos guste para estas vacacións.

 

 

Pincha na imaxe para acceder á presentación

AdxuntoTamaño
SUXESTIÓNS LECTURAS NADAL 2019-BIBLIOTECA RIBEIRA DO LOURO.pdf1.17 MB

Mochilas viaxeiras

Un curso máis dende a biblioteca poñemos a circular as mochilas viaxeiras: Unhas prácticas bolsas con pelis, libros ou música adaptada ao gusto do noso alumnado de 2ºESO.

Para poder elaboralas, pasamos unha enquisa na que eles plasman os seus gustos, despois dende o equipo de biblioteca personalizamos o contido de cada  bolsa. Agardamos que o disfruten.

 

 Claudia e Marta coas súas mochilas viaxeiras

 

Zaira e Iker con cadansúa mochila 

 

Semana da Ciencia 2019

Celebramos na entrada do noso instituto a Semana da Ciencia cunha exposición de libros, películas, xogos científicos e matemáticos. 

 


Esta é unha pequena mostra das actividades desenvoltas durante os recreos.

 

 

 

 

Día das mulleres escritoras

O pasado 14 de outubro foi o día das mulleres escritoras. Como contribución a esa celebración, durante estes días, ata mediados de novembro, faremos exposicións de libros de escritoras e de carteis sobre as mesmas, algunha gravación de video e outras actividades.

 

  

Algúns dos títulos seleccionados pola nosa biblioteca. Achégate a descubrilos!

 

 

 

 

Inicio da hora de ler

Comenzamos o novo curso 2019/20 e dende Biblioribeira xa estamos a preparar novas actividades de animación á lectura. 

Colle o teu libro preferido e sumérxete no apaisoado mundo da lectura cos teus compañeiros e compañeiras de clase. Consulta o arquivo adxunto co horario desta actividade. 

A desfrutar!

hora ler

 

 

AdxuntoTamaño
Calendario-Hora-de-ler-19-20.pdf22.33 KB


by Dr. Radut