Skip to Content

Actividades

Abalar nº 5

 

No editorial deste número especial, a revista desexa resaltar a transcendencia histórica do 8-M e a súa influencia na loita polos dereitos das mulleres en todo o mundo. Abórdanse os avances acadados ata a data e reflexiónase sobre os desafíos pendentes que aínda persisten en canto á igualdade de xénero. Ademais, recoñécese a valentía e determinación das mulleres que impulsaron o cambio ao longo dos anos e fai un chamamento á acción para seguir promovendo a equidade e o empoderamento feminino.

Neste número especial, a revista presenta retazos biográficos de mulleres que fixeron historia nas súas distintas profesións en primeira persoa, compartindo as súas experiencias e logros. Tamén se inclúen relatos de mulleres que loitaron contra as adversidades da vida en Muxía, destacando a súa resiliencia e determinación.

Ademais, exhibe unha destacada cartelaría de escritoras galegas actuais, enaltecendo o seu talento e contribución á literatura. Do mesmo xeito, preséntase unha reinterpretación "á maneira de" de cadros de Luís Seoane, onde os alumnos de 4º de ESO exploran novas perspectivas artísticas inspiradas na súa obra.

Como parte deste número especial, destaca unha entrevista exclusiva ao escritor Fran Alonso, realizada por alumnos de 1º e 2º de ESO, ofrecendo unha visión fresca e xuvenil sobre a súa obra e perspectivas literarias.

Pasou un mes desde o 8-M, pero tanto nos dá que sexa 9-A para seguir celebrando esta data marabillosa.

 

Prema aquí para acceder: https://pedradeabalar.blogspot.com/

Concurso de cabazas

O departamento de Artes Plásticas, en colaboración coa Biblioteca, e coa axuda dos departamentos de Lingua castelá, Lingua galega e Inglés, organizou un concurso de cabazas. 

As gañadoras foron Iria, de 3º B, que gañou o primeiro premio, e Gisela, de 3º B, que quedou segunda. Tamén participaron Laura, de 3º A, e Sofía, de 2º A. 

Agradecemos moito a participación: gustáronnos moito as cabazas e os textos que as acompañaban.

Día Internacional da Muller

 

O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, en lembranza de que nesa data, en 1857, un grupo de obreiras dunha fábrica téxtil tomaron a decisión de saír ás rúas de Nova York en protesta polas condicións en que traballaban.

Neste enlace podedes ler máis sobre o significado da data:

8 marzo. Día internacional de la mujer.

A nosa Biblioteca uniuse á celebración do día cunha exposición, na entrada do instituto, de obras literarias feitas por mulleres, así como de obras con contido non sexista, que fomentan a igualdade e axudan a previr a violencia machista.

Os libros que tivemos expostos foron estes:

Las lágrimas de Caperucita, de Beate Teresa Hanika.

O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas.

Caperucita en Manhattan, de Carmen Martín Gaite.

Soledades de Ana, de Jordi Sierra i Fabra.

Momo, de Michael Ende.

La cazadora de Indiana Jones, de Asun Balzola.

Persépolis, de Marjane Satrapi.

Diario, de Ana Frank.

Follas Novas, de Rosalía de Castro.

La Tribuna, de Emilia Pardo Bazán.

Nada, de Carmen Laforet.

Tristes armas, de Marina Mayoral.

Azul, de Rosa Regàs.

Pequeño teatro, de Ana María Matute.

La casa de los espíritus, de Isabel Allende.

Memorias de Leticia Valle, de Rosa Chacel.

La hija del caníbal, de Rosa Montero.

O seguinte enlace lévavos a unha guía de lectura infantil e xuvenil non sexista e coeducativa, feita pola Deputación de Granada, con moitas propostas de lectura:

La mochila violeta

Ademais, aquí deixamos uns enlaces moi interesantes sobre a reivindicación do papel social, cultural e intelectual das mulleres ao longo da historia: 

Mujeres a las que querían borrar de la historia 

Grandes mujeres que deberían estar en los libros de texto y en los museos

Mujeres ocultas: 10 nombres que el cine ha ayudado a reivindicar

Los trabajos de las mujeres en el Museo del Prado

 

 

Celebrando o Samaín na Biblioteca

Xa está aquí o Samaín!

Na Biblioteca quixemos celebralo con todo o centro, así que fixemos una lista de lecturas especialmente recomendadas para pasar medo. Podedes atopar nela novelas, novelas pensadas para xóvenes lectores, relatos máis breves e mesmo poesía. Hai para todos os gustos!

Estes días está colgada nos taboleiros da Biblioteca, decorados para a ocasión coa axuda de David, o noso profesor de Plástica, e dos alumnos de 3º A.

 

Podedes vela tamén no PDF que atoparedes ao final desta entrada do blog.

Temos que agradecer igualmente a David e aos alumnos de 3º A a terrorífica decoración do corredor de diante da Biblioteca e do teito interior da sala.

 

 E agradecemos a Maica a axuda para adornar o expositor da Biblioteca coas súas creacións de papiroflexia.

Ademais, organizamos dúas sesións de lecturas nos recreos do venres 28.

Os asistentes tiveron a oportunidade de escoitar e ler relatos breves, fragmentos de novelas e poemas de medo. E tamén de comer chuches!

Moitos alumnos e alumnas puxéronse un sombreiro máxico para facer as lecturas: Eloy, Laura, Damián, Alejandra, Lucas, Jeray, Laura, Eva, Xiana...

 

 

 

 

 

 

 

 

E tamén profes como David e Ramón:

 

Os asistentes, alumnado e profesorado, disfrutamos moito, aínda que pasamos un pouquiño de medo: en parte polos textos, en parte polo ambiente... e en parte polo esqueleto que apareceu na sala!

 

 

Día das Linguas 2016

Para celebrar o Día das Linguas fixemos na Biblioteca unha mostra de libros escritos nas diferentes linguas que se empregan no noso Centro: galego, castelán, inglés e francés.

Tamén, como é habitual, algúns dos alumnos foron polas aulas lendo textos nesas linguas (agradecemos a axuda de Maica, a nosa profesora de Educación Física e coordinadora de Actividades Extraescolares e Complementarias!). A Biblioteca e máis os Departamentos de Lingua castelá, Lingua galega, Francés e Inglés axudaron a elixilos; nesta ocasión, leuse un fragmento da obra teatral Romeo e Xulieta, de William Shakespeare, no seu idioma orixinal e traducido ás outras linguas. É o seguinte:

INGLÉS

What's in a name? That which we call a rose

By any other name would smell as sweet.

 

FRANCÉS

Que signifie un nom? Ce que nous nommons rose

sentirait aussi bon sous n'importe quel nom.

 

CASTELÁN

¿Qué hay en un nombre? Eso que llamamos rosa

tendría el mismo aroma con cualquier otro nombre.

 

GALEGO

Que hai nun nome? Aquilo que chamamos unha rosa

arrecenderá tan doce con calquera outro nome.

 

Os alumnos e alumnas que fixeron (e moi ben!) as lecturas foron Xiana (de 1º B), Paula (de 2º A), Anxo (de 3º A) e Raúl (de 4º A):

 

 

 

Os alumnos de 1º A fixeron carteis cos textos, e os Departamento de Inglés e a Biblioteca decoraron con eles algúns dos chanzos das nosas escaleiras para que todos os puidésemos ver.

 

Deixamos aquí algunhas fotos da Biblioteca e das escaleiras.

 

 

 

Concurso desde a nosa biblioteca

PRÓXIMO CONCURSO: FOTOGRAFÍA-CREACIÓN LITERARIA

MODALIDADE 1: escoller o título dun libro e facer unha fotografía relacionada co mesmo.

MODALIDADE 2: escoller o título dun libro e facer unha narración baseada nel.

MODALIDADE 3: escoller o título dun libro e facer unha poesía baseada nel.

Exemplo da modalidade 1:

TÍTULO DO LIBRO: Don Quijote de la Mancha

FOTOGRAFÍA:

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut