Skip to Content

Celebrando o Samaín na Biblioteca

Xa está aquí o Samaín!

Na Biblioteca quixemos celebralo con todo o centro, así que fixemos una lista de lecturas especialmente recomendadas para pasar medo. Podedes atopar nela novelas, novelas pensadas para xóvenes lectores, relatos máis breves e mesmo poesía. Hai para todos os gustos!

Estes días está colgada nos taboleiros da Biblioteca, decorados para a ocasión coa axuda de David, o noso profesor de Plástica, e dos alumnos de 3º A.

 

Podedes vela tamén no PDF que atoparedes ao final desta entrada do blog.

Temos que agradecer igualmente a David e aos alumnos de 3º A a terrorífica decoración do corredor de diante da Biblioteca e do teito interior da sala.

 

 E agradecemos a Maica a axuda para adornar o expositor da Biblioteca coas súas creacións de papiroflexia.

Ademais, organizamos dúas sesións de lecturas nos recreos do venres 28.

Os asistentes tiveron a oportunidade de escoitar e ler relatos breves, fragmentos de novelas e poemas de medo. E tamén de comer chuches!

Moitos alumnos e alumnas puxéronse un sombreiro máxico para facer as lecturas: Eloy, Laura, Damián, Alejandra, Lucas, Jeray, Laura, Eva, Xiana...

 

 

 

 

 

 

 

 

E tamén profes como David e Ramón:

 

Os asistentes, alumnado e profesorado, disfrutamos moito, aínda que pasamos un pouquiño de medo: en parte polos textos, en parte polo ambiente... e en parte polo esqueleto que apareceu na sala!

 

 

AdxuntoTamaño
lecturas_de_medo.pdf16.77 KB


blog | by Dr. Radut