Skip to Content

Biblioteca

23 de abril, Día Internacional do Libro

 

Desde a Biblioteca do Centro compartimos con todos nun día tan especial estes versos do poeta Juan Ramón Jiménez, un fermoso canto ao libro e á literatura:

 

Quisiera que mi libro
fuese, como es el cielo por la noche,
todo verdad presente, sin historia.

Que, como él, se diera en cada instante,
todo, con todas sus estrellas; sin
que niñez, juventud, vejez quitaran
ni pusieran encanto a su hermosura inmensa.

¡Temblor, relumbre, música
presentes y totales!
¡Temblor, relumbre, música en la frente
—cielo del corazón— del libro puro..

 

 

 

 

 

CONCURSO "E TI ONDE LES?"

 

     O día 23 de abril é o Día Mundial do Libro; por iso, o EDLG e a Biblioteca convocan un concurso de fotografía no que poderedes amosar onde ledes e como o facedes: paseando por un campeiro, tomando o sol na praia, descansando no Corpiño, navegando pola ría, sachando nunha leira...

BASES

  • Os alumnos participantes deberán aparecer nunha fotografía co libro que prefiran (sería perfecto que se vise o título) e despois engadir sobre ela unha frase propia ou allea en galego que estea relacionada cos libros e/ou coa lectura ou que simplemente lles resulte inspiradora. No caso de empregar as palabras doutra persoa, deberá citarse o seu nome.
  • A fotografía co texto engadido deberán enviarse por e-mail á seguinte dirección: ies.ramon.caamano@edu.xunta.es (AVISO: No caso dos alumnos menores de 14 anos, serán os pais ou titores legais os que envíen o e-mail).
  • No asunto do correo deberá figurar a referencia “Concurso Fotografía Día do Libro” e no corpo, os datos do concursante (nome, apelidos e grupo).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

  •  Ata o xoves 25 de abril de 2019.

 

PREMIOS

  • Un xurado formado por profesores e alumnos seleccionará as tres imaxes gañadoras. Valoraranse a creatividade e o sentido artístico. Os autores das mesmas recibirán como agasallo un libro cada un. 

 

Celebrando o Día Internacional da Muller na Biblioteca

Para celebrar o 8 de marzo, a Biblioteca ten novos libros sobre mulleres ou escritos por mulleres, que se unen aos que chegaron o ano pasado. Podedes velos todos na mesa expositora.

Trátase de:

Las chicas van donde quieren. 25 aventureras que cambiaron el mundo, de Irene Civico y Carlos Parra.

 

  

Mujeres poderosas que te inspiran para plantarle cara a la vida, de Marga Durá

 

 

E o Departamento de Ciencias Sociais adquiriu para a Biblioteca dous cómics moi interesantes, de tema científico:

Marie Curie, de Alice Milani. Unha biografía sobre a primeira muller que conseguiu o premio Nobel.

 

  

Microalgas. El mundo oculto, de Xulia Pisón. Unha divertida visión sobre as algas, en forma de aventuras.

A mesma autora dedicou ao noso Instituto o exemplar que temos na Biblioteca!

 

 

Entroido literario

Algúns dos traxes que vimos no festival do venres pasado estaban inspirados nunha gran obra literaria: Alicia no país das marabillas.

Boa idea, Román e Mely!

 

Feliz Nadal

Desde a Biblioteca queremos desexarvos un Feliz Nadal.

Aquí tedes unha panxoliña de Nadal de Manuel María:

 

 

              I

Hai un vento cheo de frío

apousado nos camiños.

E no ar un asubío

todo cheo de aloumiños.

pero un vento milagreiro

nascerá pol-o Nadal.

Brilará coma un luceiro

pra alomear o portal.

            II

Xa nas ponlas dun carballo

nasceu un vento ventiño;

ten doces versos de orballo

e azas de paxariño.

Ten azas de paxariño

e craridades de día,

que llas deu Jesús Neniño

e Santa Virxe María.

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

No Día Internacional Contra a Violencia de Xénero a Biblioteca deixavos o enlace a unha serie de libros que a Xunta de Galicia recomendou para concienciarnos sobre esta lacra da sociedade.

http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/folletol...

Concurso de cabazas

O departamento de Artes Plásticas, en colaboración coa Biblioteca, e coa axuda dos departamentos de Lingua castelá, Lingua galega e Inglés, organizou un concurso de cabazas. 

As gañadoras foron Iria, de 3º B, que gañou o primeiro premio, e Gisela, de 3º B, que quedou segunda. Tamén participaron Laura, de 3º A, e Sofía, de 2º A. 

Agradecemos moito a participación: gustáronnos moito as cabazas e os textos que as acompañaban.

Samaín 2018

 Como outros anos, a Biblioteca celebrou o Samaín.

Ademais das recomendacións de lecturas de terror no taboleiro, fixemos una exposición de libros desta temática no expositor e decoramos a biblioteca con moita axuda (moitas grazas, María e Mely!).

 

O día 31 houbo lecturas no primeiro e segundo recreo. Tamén tivemos chuches para os asistentes e participantes.

Agradecemos a asistencia e a participación dos alumnos e profesores que leron contos, microrrelatos e poemas. E, sobre todo, agradecemos que algunhas alumnas trouxeron os seus propios textos para ler.

Grazas, Lucía, Asier, Paula, José Luis, Daniel, Roberto, David, Laura e Mario!

Esperamos ver a todo o mundo o próximo ano!

 

Día Europeo das Linguas 2018

Como outros anos, a Biblioteca, en colaboración con Dinamización Lingüística e cos departamentos de Lingua castelá, Lingua galega, Francés e Inglés, celebramos no Instituto o Día Europeo das Linguas.

Ademais dos carteis do taboleiro, con nomes de diferentes linguas, varios alumnos fixeron polas clases a tradicional lectura de textos nas diferentes linguas que se falan ou estudan no noso instituto: galego, castelán, francés e inglés.

Este ano leuse un fragmento do capítulo XVI da novela O principiño, de Antoine Saint-Exupéry na súa lingua orixinal e traducido ás outras.

Os alumnos que leron foron Roberto (1º A), Manuel (2º A), Xiana (3º B) e Paula (4º A).

Estes son os textos:

FRANCÉS

La septième planète fut donc la Terre.

La Terre n’est pas une planète quelconque! On y compte cent onze rois (en n’oubliant pas, bien sûr, les rois nègres), sept mille géographes, neuf cent mille businessmen, sept millions et demi d’ivrognes, trois cent onze millions de vaniteux, c’est-à-dire environ deux milliards de grandes personnes.

GALEGO 

O sétimo planeta foi, polo tanto, a Terra.

A Terra non é un planeta calquera. Nel cóntanse cento once reis (sen esquecer, claro está, os reis negros), sete mil xeógrafos, novecentos mil homes de negocios, sete millóns e medio de borrachos, trescentos once millóns de vaidosos, é dicir, arredor de dous mil millóns de persoas maiores.

CASTELÁN

El séptimo planeta fue, por lo tanto, la Tierra.

La Tierra no es un planeta cualquiera. En él se cuentan ciento once reyes (sin olvidar, claro está, los reyes negros), siete mil geógrafos, novecientos mil hombres de negocios, siete millones y medio de borrachos, trescientos once millones de vanidosos, es decir, alrededor de dos mil millones de personas mayores.

INGLÉS

So the seventh planet was Earth.

The Earth is not just an ordinary planet! One can count there one hundred and eleven kings (not forgetting, to be sure, the Negro kings among them), seven thousand geographers, nine hundred thousand businessmen, seven million five hundred thousand tipplers, three hundred and eleven million conceited men, that is to say, about two billion grown-ups.

 

 

 

Horario da Bibioteca

O horario da Biblioteca para o curso 2017/18 é o seguinte:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut