Skip to Content

Biblioteca

NOVIDADES LECTORAS-ANIME/MANGA

BENVIDA AO CURSO 22-23

LIBRERÍA AENEA - MOSTRA DE LIBROS E MATERIAIS DIDÁCTICOS Ó ALUMNADO - ACTIVIDADE BIBLIOTECA

O pasado 30 de Novembro de 2021, desenvolviuse unha actividade organizada pola Biblioteca do Centro na que Lola, xerente da Libraría Aenea de Santiago de Compostela, amosou materiais diversos ó alumnado para que eles fosen os protagonistas da escolla de obras literarias así como de xogos interactivos que lle resultasen atractivos. Unha actividade interesantísima onde o alumnado pudo tocar, revisar e comprobar de primeira man unha gran cantidade de material moi diverso. A mostra foi acompañada dunha explicación pormenorizada dos diversos materiais e da "cultura editorial", así como de preguntas do alumnado sobre o visto. Un luxo. Grazas Lola polo esforzo!.

 

 

Nadal 2020

Este ano, a Biblioteca e o departamento de Lingua Castelá e Literatura organizaron un obradoiro literario, no que as alumnas e alumnos de 1º ESO deixaron voar a súa imaxinación e crearon poemas ou relatos de temática relacionada co Nadal. Por suposto, tamén decoraron o taboeiro da biblioteca, deixándoo moi festivo... Queres velo? Abre o adxunto!

25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

Desde a Biblioteca queremos presentar neste día un libro que vén de chegarnos sobre as mulleres e o feminismo: Feminismo ilustrado. Ideas para combatir el machismo, de María Murnau e Helen Sotillo.

 Tédelo na mesa de exposicións da Biblioteca, xunto a outros libros que falan sobre mulleres.

 

 

E queremos agradecer a Silvia, de 1º, e a María, a súa titora, a realización deste precioso mural que puxemos no taboleiro da Biblioteca.

 

ALFREDO BRAÑAS "O REXIONALISMO"

Hoxe visitou o noso centro José Manuel Cameán González membro impulsor da plataforma que xestiona o traslado a Carballo do Legado de Alfredo Brañas. Veu a entregarnos un exemplar para a biblioteca do centro do famoso traballo do escritor e pensador:  “O Rexionalismo”. A intención da súa plataforma e recompilar e expoñer en Carballo todo o seu legado, fotografías, cadros, manuscritos e por outra banda que a súa figura esté presente e sexa coñecida pola meirande parte do público, nas súas palabras: “Que Alfredo Brañas esté vivo entre a xente”, para así, desde os diversos ámbitos da educación, cultura e cidadanía preparar a súa candidatura para a homenaxe das Letras Galegas 2020. Estivemos no acto de entrega María do Mar Fuentes Ramos (profesora da asignatura de Lingua e Literatura Galega) e eu David Creus Andrade en calidade de director.

 

 

Horario da Biblioteca curso 2019-20

No curso 2019-20 a coordinadora da Biblioteca será Fe, do Departamento de Lingua castelá e Literatura.

Nos recreos tamén estarán Maica e máis Teresa, de Francés e Carmen, de Lingua castelá e Literatura.

 

Obradoiro de marcapáxinas

Durante dous recreos, a Biblioteca colaborou co Equipo de Dinamización Lingüística nun obradoiro de marcapáxinas, para festexar o Día Internacional do Libro.

Contamos con materiais como cartóns, papeis de cores e flores e follas secas.

Os alumnos e alumnas mostraron a súa creatividade e pasaron un bo rato.

Agora xa contan cuns bonitos marcapáxinas para usar nos seus libros favoritos.

Distribuir contido


by Dr. Radut