Skip to Content

Biblioteca

25N

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - O PRESTIGE

O pasado 11 de novembro, RNE e Onda Cero Galicia emitiron os seus informativos matutinos dende o IES Ramón Caamaño de Muxía para rememorar o 20º Aniversario do afundimento do Prestige.

Dende a Biblioteca, fixéronse as seguintes recomendacións lectoras para lembrar e ampliar coñecementos sobre unha das catástrofes medioambientais máis grandes da historia.

Cómpre tamén salientar a iniciativa dos alumnos do departamento de lingua castelá e as súas investigacións sobre os textos xornalísticos coa temática do Prestige.

                               

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - O MES DA CIENCIA EN GALEGO

Este mes de novembro celebramos no Ies Ramón Caamaño o Mes da Ciencia en Galego. Dende a Biblioteca, queremos aportar o noso pequeno gran de area achegándovos una serie de lecturas científicas que non podedes perder. A desfrutar!

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío

             

 

      

 

 

 

PODCAST DE TERROR PREMIADOS

Dende o Equipo da Biblioteca dámos as grazas aos participantes do Concurso de Podcasts de Terror e os nosos parabéns aos gañadores! Podedes escoitar aquí os seus relatos terroríficos clicando no título!

Mes da Ciencia en Galego

Comeza un mes cheo de ciencia no IES Ramón Caamaño! En Novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego coa fin de visibilizar a importancia da investigación e das/os científicas/os, así como resaltar que a lingua galega é tan válida como outra calquera para investigar e divulgar ciencia.

Non te despistes e PARTICIPA na chea de actividades que se organizan:

- Experimentos e retos de diferentes temáticas durante os recreos. 
- Espectáculos de teatro e ciencia.
- Charlas sobre o cambio climático.
- Exposición de científicas e científicos galegos.
- Expositor con libros de ciencia en galego na Biblioteca do centro. 

Consulta a programación do Mes da Ciencia en Galego e inscríbete naquelas actividades con aforo limitado.

Programación do Mes da Cienca

ENLACE Ó CALENDARIO

CONCURSOS:PODCAST DE TERROR-PRAZO ATA O 27 DE OUTUBRO

Distribuir contido


by Dr. Radut