Skip to Content

Abril 2019

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 

Para conmemorar esta data, aquí van algunhas reflexións sobre a lectura:

 

"Un libro debe ser o facho que rompa o mar xeado que hai dentro de nós". Franz Kafka.

"Un lector vive mil vidas antes de morrer. O que nunca le só vive unha". George R.R. Martin.

"Lemos para saber que no estamos sós". William Nicholson. 

“Le e conducirás, non leas e serás conducido". Santa Teresa de Xesús.  

 “Os libros son as abellas que levan o pole dunha intelixencia a outra". James Russell Lowell.  

“A literatura é a forma máis agradable de ignorar a vida”. Fernando Pessoa.

 

Ademais, o EDLG e a Biblioteca organizaron, os días 24 e 25 de abril, un obradoiro de marcapáxinas nos recreos.

O primeiro día fixemos marcapáxinas de esquina:

 

E o segundo, empregamos flores e follas secas para facer uns marcapáxinas rectangulares plastificados:

 

 

 

 

Se queres imprimir as "plantillas" que empregamos, fai click no título deste artigo e descarga o documento adxunto que aparece ao final.

 

CONCURSO "E TI ONDE LES?"

 

     O día 23 de abril é o Día Mundial do Libro; por iso, o EDLG e a Biblioteca convocan un concurso de fotografía no que poderedes amosar onde ledes e como o facedes: paseando por un campeiro, tomando o sol na praia, descansando no Corpiño, navegando pola ría, sachando nunha leira...

BASES

  • Os alumnos participantes deberán aparecer nunha fotografía co libro que prefiran (sería perfecto que se vise o título) e despois engadir sobre ela unha frase propia ou allea en galego que estea relacionada cos libros e/ou coa lectura ou que simplemente lles resulte inspiradora. No caso de empregar as palabras doutra persoa, deberá citarse o seu nome.
  • A fotografía co texto engadido deberán enviarse por e-mail á seguinte dirección: ies.ramon.caamano@edu.xunta.es (AVISO: No caso dos alumnos menores de 14 anos, serán os pais ou titores legais os que envíen o e-mail).
  • No asunto do correo deberá figurar a referencia “Concurso Fotografía Día do Libro” e no corpo, os datos do concursante (nome, apelidos e grupo).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

  •  Ata o xoves 25 de abril de 2019.

 

PREMIOS

  • Un xurado formado por profesores e alumnos seleccionará as tres imaxes gañadoras. Valoraranse a creatividade e o sentido artístico. Os autores das mesmas recibirán como agasallo un libro cada un. 

 



by Dr. Radut