Skip to Content

Xaneiro 2018

Visita a Santiago de Compostela

 

O luns 19 de febreiro, aproveitando que os alumnos de Francés de 1º e 2º da ESO asistirán a unha representación teatral, faremos tamén unha visita ó patrimonio histórico da USC. Se queres máis información sobre o que poderemos ver, fai clic aquí.

 

 

CONCURSO GASTRONÓMICO DE ENTROIDO

 

Se queres participar neste saboroso concurso confeccionando unha larpeirada típica do Entroido, ten en conta as seguintes bases:

    -> O día do festival de Entroido (9 de febreiro) terás que traer unha sobremesa elaborada para que o xurado poida degustala e puntuala.

    -> O prato ou bandexa irá acompañado dun sobre pechado no que figuren o nome, apelidos e curso do participante, así como a receita redactada en lingua galega (na que deberán aparecer os ingredientes e o modo de preparación). AS SOBREMESAS QUE SE PRESENTEN SEN A RECEITA ESCRITA NON OPTARÁN A PREMIO.

    -> As sobremesas deberán presentarse na cafetería a primeira hora da mañá, a ser posible en bandexas ou pratos dun só uso.

    -> Os pratos presentados ao concurso serán valorados en función do sabor, a presentación rechamante, o uso de ingredientes orixinais e a dificultade na elaboración. Tamén se terán en conta a redacción e ortografía da receita escrita, así como a presentación do texto.

    -> Os alumnos optarán a tres premios:

     - Primeiro: vale desconto de 15 € para a cafetería do centro.

     - Segundo: vale desconto de 10 € para a cafetería.

     - Terceiro: vale desconto de 7 € para a cafetería.

    -> As receitas e fotos das sobremesas gañadoras publicaranse no blog do EDLG.

 

 ANÍMATE A PARTICIPAR!

 

 

Concursar ten premio!!!

 

- Lucía, de 4º ESO A, xa recibiu dous vales desconto para a cafetería por acertar o significado das palabras e expresións propostas en outubro e novembro no concurso Sabes que significa?

 

- Xiana, de 2º ESO B, gañou o concurso de postais de Nadal e conseguiu este divertido "funko":

 

 

- Valeria, de 4º ESO A, tamén recibiu un "funko" como agasallo, neste caso por acertar os lugares do concurso Onde estamos?

 

 

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

 

 

 

 

CONCURSO "CARTAS DE AMOR"

CONCURSO

 

CARTAS DE AMOR

 

Un novo ano, a Biblioteca e o EDLG organizan un concurso de cartas de amor con motivo de San Valentín!

 

Haberá dúas modalidades:

- MODALIDADE A: Cartas escritas en castelán.

- MODALIDADE B: Cartas escritas en galego.

 

BASES:

- Escribe unha carta de amor (tamén pode ser de desamor!).

- Pode estar en prosa ou verso.

- Ten que ser respectuosa no seu contido e na súa presentación.

- Non se admitirán os textos con erros ortográficos.

- As cartas escribiranse empregando un procesador de textos.

 

PRESENTACIÓN:

- Prazo límite de entrega: 9 DE FEBREIRO.

- Lugar: A Biblioteca (serán depositadas na caixa destinada a concursos).

- Condicións: O texto de cada participante terá que ir asinado cun pseudónimo. Introducirase nun sobre no que só aparecerá escrita a modalidade pola que se presenta.

Os datos básicos do participante (nome, curso e pseudónimo empregado neste concurso) irán noutro sobre máis pequeno e pechado que tamén se introducirá no sobre.

 

PREMIOS:

 

Modalidade A:

- 1º Premio: obsequio por valor de 15 €.

- 2º Premio: vale de 5 € para a cafetería.

      Modalidade B:

   - 1º Premio: obsequio por valor de 15 €.

   - 2º Premio: vale de 5 € para a cafetería.

 

 



by Dr. Radut