Skip to Content

Novembro 2017

Atallos a outras páxinas

 

RECURSOS DE LINGUA

Se fas clic aquí, poderás acceder a dicionarios, léxicos específicos, tradutores na rede ou solucións informáticas que che facilitarán o teu traballo en lingua galega.

 

O PORTAL DA LINGUA GALEGA

Accede desde aquí a materiais moi variados que che axudarán a perfeccionar o teu uso e coñecemento da lingua galega.

 

PORTAL DAS PALABRAS

Esta páxina é unha iniciativa conxunta da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para difundir e potenciar o traballo lexicográfico da Academia a través de artigos, xogos e vídeos.

 

BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA

Nesta páxina terás a posibilidade de acceder a textos literarios escritos en galego desde os Séculos Escuros ata a actualidade.

 

 

 

Concurso de postais de Nadal

 

BASES DO CONCURSO

- Poderán participar todos os alumnos do centro que o desexen

- A participación é individual e as postais deberán ser orixinais.

- O traballo presentarase en cartolina de tamaño DIN A5 210X148 mm (medio folio). A técnica é libre: cor, branco e negro, collage, ceras... Non se poderán utilizar purpurinas.

- Deberá incluír algún desexo ou algunha mensaxe para o ano 2018 en lingua galega.

- ENTREGA DOS TRABALLOS. Os datos do alumno participante (nome e curso) NON irán na postal, senón nun sobre pechado que se pegará no reverso da mesma con celo. Ese sobre cos datos persoais máis a postal (que debe ser totalmente ANÓNIMA) serán depositados na caixa habilitada para este concurso na Biblioteca.

- Un xurado formado por profesorado do centro elixirá as tres postais premiadas. Valorarase tanto o deseño da postal como a mensaxe. 

- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

 

PREMIOS

  • Haberá tres premios
    • Primeiro: vale desconto de 15 € para gastar na cafetería do centro e o feito de que a súa postal sexa empregada para felicitar as festas desde a páxina web do instituto.
    • Segundo: vale desconto de 10 € para a cafetería.
    • Terceiro: vale desconto de 5 € para a cafetería.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación iníciase dende a publicación das bases, o día 9 de novembro de 2017, ata o día 12 de decembro de 2017

  

RECORDA: A POSTAL DEBE SER ANÓNIMA

 

 

Concurso ONDE ESTAMOS?

 

      Para contribuír a coñecer un pouco mellor o noso patrimonio cultural e a nosa historia, cada mes escolleremos un lugar de Galicia e no taboleiro de Dinamización colocaremos fotografías do mesmo, así como distintas pistas ao longo das semanas. Os alumnos e alumnas que participedes deberedes adiviñar de que lugar se trata, o que vos permitirá conseguir puntos para ter acceso a distintos agasallos.

COMO PARTICIPAR

 

     Cada alumno que acerte o lugar conseguirá unha puntuación, que irá diminuíndo en función do número de pistas que foran necesarias para averigualo:

 

4 puntos → Se se acerta na primeira semana, con só unha pista.

3 puntos →Se se acerta despois de que sexa proporcionada a segunda pista.

2 puntos → Se se acerta despois de que sexa proporcionada a terceira pista.

 

 

Os alumnos que consigan sumar 10 puntos serán obsequiados con vales desconto para a cafetería e material escolar.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN, CONSULTA O TABOLEIRO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 

 

 

Concurso SABES QUE SIGNIFICA?

Anímate a participar nos concursos de Dinamización Lingüística!!!

Concurso SABES QUE SIGNIFICA?

 



by Dr. Radut