Situación

Situación xeográfica do centro

COMO CHEGAR

O ENTORNO DO CENTRO

O ámbito escolar do centro abarca a comarca de Quiroga, integrada polos concellos de Quiroga, Ribas do Sil e Folgoso de Caurel.

A comarca de Quiroga localízase no sueste da provincia de Lugo, limitando ao norte coas terras do Cebreiro, ao sur coa comarca de Trives, na provincia de Ourense, ao leste coa provincia de León e a comarca ourensá de Valdeorras e ao oeste coas terras de Lemos. Ten unha superficie de 578 km2, dos que máis da metade corresponden o concello de Quiroga, repartidos en 37 parroquias.

Esta comarca sitúase dentro das Serras Orientais de Galicia polo que o seu relevo e moi escarpado e ademais presenta dúas zonas contrastadas: as altas serras do Caurel e Trives ao norte e sur da comarca respectivamente e a zona central do val do Sil, que se abre amplamente ao paso por Quiroga.

O clima presenta unha mestura de influencias oceánicas de montaña e mediterráneas que se reflicten na vexetación natural e nos cultivos característicos.

A poboación total está en franco retroceso,presenta tendencia ao envellecemento e ten unha densidade media moi por debaixo da media galega.

As vías de comunicación principais son a estrada Nacional-120 ( Vigo-Logroño) e o ferrocarril ( liña Palencia-A Coruña) que atravesan a zona central da comarca, onde se atopan dúas das capitais municipais: Quiroga e San Clodio; mentres que á zona de Caurel se accede polas estradas locais LU-651 desde Quiroga e LU-634 desde Pedrafita do Cebreiro, onde se pode conectar coa A-6 ( Madrid-A Coruña).

Comarca de Quiroga  
 
Distribuir contido