blogue deMónica

Charlas sobre Emprendemento 17 e 20 novembro

"OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS PARA O EMPRENDEMENTO"

Entre o 17 e 20 de novembro demos continuidade a todas as actividades levadas a cabo ao abeiro de Aula de Emprendemento do IES Punta Candieira: obradoiros, charlas, concurso de emprendemento... Neste caso trátase duns Obradoiros de Habiliades Sociais para o Emprendemento.

O obxectivo e que o noso alumnado adquira habilidades sociais e transversais necesarias para o éxito profesinal como futuro emprendedor. Todas elas fundamentais para relacionarse con outras persoas traballadoras, colaboradoras, provedores, Administracións Públicas, etc.

O alumnado participante foi 1º e 2º de FP básica Electricidade, e 1º Cursos dos ciclos Formativos de Grao Medio de Electricidade, Mantemento Electromecánico e Actividades Comerciais.

Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Misnisterio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGeneration UE.

 

                

Semana da Ciencia

SEMANA DA CIENCIA

 

Talleres na bliblioteca

Profesorado de distintos departamentos participan na elaboración de distintas actividades

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 2023/24

CUESTIONARIO SOBRE HÁBITOS LINGÜÍSTICOS

GALICIASKILLS 2023

Román Rodríguez (Conselleiro) e Eugenia Pérez (Directora Xeral de FP), co  alumnado de Ciclos de IES Punta Candieira.

 

 

Charlas sobre Emprendemento 19 febrero

    Talleres de emprendemento: 

 “Marketing Online e Deseño Web” 

O 19 de Febreiro celebráronse tres talleres co alumnado de Ciclos Formativos e FP Básica.

O obxectivo é facilitarlle aos nosos futuros emprendedores os recursos necesarios para deseñar e xestionar a Web do seu negocio en proxecto. Tamén coñecer as ferramentas para a creación da súa propia tenda online, tendo en conta o comportamiento do cliente e a publicidade online.

Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, e pola Unión Europea NextGenerationUE.

 

       

 

 

 

     

 

 

 

 

 

             

Programación departamento de Inglés - Curso 2023-24

INGLÉS
Curso Designación Nome asignatura Programación
1º ESO    Lingua estanxeira 
3º ESO    Lingua estanxeira  
1º BAC    Lingua estanxeira  

Distribuir contido