Igualdade

“Samaín? O que realmente dá medo é a violencia de xénero”.

A moita xente gústalle ver películas e series de terror, sentir medo… Sen embargo, para algunhas mulleres ese medo é algo moi real e teñen que sufrilo a diario.
 
Este Samaín, dende o Equipo de Igualdade do IES Punta Candieira, queremos reflexionar sobre a violencia baixo o lema “Samaín? O que realmente dá medo é a violencia de xénero”.
 
O alumnado, coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, elaborará carteis para decorar o centro. 
 
E o venres 29 de outubro queremos invitar a alumnado, profesorado e persoal non docente a que se disfrace! Monstros, bruxas, pallasos terroríficos, personaxes fantásticas… todo@s serán benvid@s

As Raíces de Cedeira

 

Traballo de colaboración entre as alumnas de Igualdade de 1º da ESO e as de Coeducación para o Século XXI.

Un precioso e inmellorable traballo dunhas rapazas moi implicadas.

O noso pequeno grao de area difundindo o seu traballo para o seu recoñecemento.

Noraboa a todas e todos os participantes.


 

Plan de Igualdade do IES Punta Candieira

"O grupo de traballo de igualdade creado este ano, formado por cinco compañeiras do centro dos departamentos de Bioloxía, Francés, Historia e Matemáticas, elaborou este curso o "Plan de igualdade do IES Punta Candieira" que será de aplicación a partir do curso que vén" Queda a libre disposición de todo o profesorado do centro que queira utilizalo"

 

Distribuir contido