O alumnado de 1º da E.S.O. do IES Punta Candieira elaborou durante o pasado trimestre este mapamundi que é froito da colaboración entre os departamentos de Debuxo (Consuelo), Xeografía e Historia (Andrés Rodríguez) e Francés (Ana, Nuria e Charo).
O mapa pon en relación seguintes contidos:
- A temperatura da cor
- As zonas climáticas
- A diversidade cultural
- Os paises francófonos
O profesorado involucrado quere transmitir o alumnado participante o seu agradecemento polas aportacións das alumnas e dos alumnos e o orgullosos que están do resultado obtido, polo tanto só queda dicir: ¡¡Parabéns e moi bo traballo chicas e chicos!!
pd: se premedes na imaxe poderedes vela máis grande e inclusive descargala