O pasado mes de xaneiro o alumnado do ciclo de dietética acudiu ata a Vila de Chantada para visitar a empresa Daveiga. Esta encárgase de elaborar os diferentes tipos de galletas mariñeiras.
Pola mañá, fixeron un percorrido guiado polo obrador. Alí, ensináronlles as diferentes etapas e procedementos levados a cabo para a elaboración das galletas mariñeiras. Ao final do mesmo, nunha sala de reunións, un dos propetarios da empresa deu unha pequena charla sobre o funcionamento, o desenvolvemento e as características da mesma (centrada na economía social, normas de calidade e seguridade, recoñecementos á empresa...).
Tamén se lles explicaron as características nutricionais das galletas e as súas posibles aplicacións en diferentes dietas. Ao final da visita, os rapaces e rapazas foron agasallados cunha bolsa de tela con 4/5 modalidades diferentes de galletas para o seu desfrute.
Despois do xantar polo pobo de Chantada, o alumnado desprazouse ata a beira do río Sil para visitar a Bodega Vía Romana.
Nela, un etnólogo da empresa fíxolles unha visita guiada polo obrador e explicoulles todo o proceso de elaboración do viño, incluindo o embotellado, etiquetado e a súa conservación.
Ao final da visita, os alumnos e alumnas puideron degustar unha pequena cata de viños comentada.