No mes de febreiro, o alumnado do ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería fixo unha saída ao Hospital do Barbanza.
Nela, visitaron a área de esterilización. Alí, unha traballadora técnica en Coidados Auxiliares de Enfermaría explicou os diferentes métodos de limpeza, desinfección e esterilización do material sanitario.
Outra das unidades que visitaron foi o arquivo de historias clínicas do hospital, onde puideron ver ademais de cómo está organizada esta área; a xestión, composición e distribución no espazo das diferentes historias a papel que se gardan no hospital.
Con esta saída o alumnado puido poñer en práctica todos os contidos traballados na aula e recordar a importancia dunha boa formación para o seu futuro laboral.