A principios do mes de Maio, acudiron ao IES Pobra do Caramiñal unha serie de profesores e profesoras xunto con alumnos e alumnas de diferentes países de Europa (Portugal, Italia, Turquía, Rumanía e Finlandia). Unha das actividades programadas para eles foi a da degustación dun almorzo saudábel.
O alumnado de primeiro curso de dietética encargouse de elaborar 4 almorzos diferentes, onde indicaron as súas propiedades alimentarias (o seu contido micronutrintes, en vitaminas, en minerais...) e os seus beneficios dentro dunha dieta equilibrada.
Fixeron unha presentación en inglés para estes visitantes europeos, explicando as indicacións para realizar un almorzo saludable e a explicación dos 4 pratos elaborador por eles. Estes almorzos puideron ser degustados no patio do instituto.
A actividade foi todo un éxito, non sobrou nada dos riquísimos almorzos!!!!