Skip to Content

Materias pendentes

O alumnado con materias pendentes do departamento de Xeografía e Historia, terá o seguinte calendario de probas:

1º convocatoria: 17 de xaneiro, ás 13h, no SUM.

2º convocatoria: 21 de marzo, ás 13h, no SUM.

FInal ordinaria: 9 de maio, ás 13h, no SUM.

A decisión do departamento é finalmente non dividir a materia en partes, senón dar tres oportunidades para poder obter un aprobado na proba de avaliación, as dúas convocatorias iniciais e a final. Por esta razón en cada exame avaliarase o global da materia. Non será preciso esgotar todas as convocatorias se se aproba xa unha recuperación.

A nota componse nun 90% da obtida no exame de recuperación e nun 10%, ata un punto, pola entrega do material de preparación, o cardeno de exercicios. Este material, xunto aos libros de texto precisos coa materia de exame, estiveron a disposición do alumnado dende as últimas semanas da primeira avaliación na conserxería do aulario 3, ou facilitadas directamente polo profesorado. O caderno é o mesmo que se empregou no curso pasado nalgúns grupos para a preparación das recuperacións de xuño.

 



blog | by Dr. Radut