Skip to Content

Addenda á programación de Francés trala actualización en relación á avaliación (orde do 25 de xaneiro de 2022)

Addenda á programación de Francés trala actualización en relación á avaliación (orde do 25 de xaneiro de 2022)        

        Tal e como se indicou na programación, levouse finalmente a cabo por parte da administración una actualización en relación áavaliación como se recolle na orde do 25 de xaneiro de 2022. Un dos cambios máis destacables é o referente á avaliación final, que este ano  se realizará no mes de xuño trala chamada terceira avaliación parcial (esta última terá lugar probablemente na semana do 6 de xuño). No caso de  superar a chamada avaliación parcial, o alumnado terá a materia aprobada, pero terá que acudir a clase con normalidade ata a finalización do curso escolar para realizar tarefas de ampliación e consolidación. No caso do alumnado que non supere a antedita terceira avaliación parcial, este terá igualmente que acudir a clase para recibir apoio, reforzo e tarefas de recuperación,  co obxectivo de superar a materia. A marxe entre a chamada avaliación parcial e a avaliación final, probablemente o día 23 ou 24, é bastante estreito, co que o departamento concretará no seu momento se se levará a cabo un exame escrito de recuperación ou se se optará pola entrega de traballos. 

        Cabe a posibilidade de que se leve a cabo unha recuperación extraordinaria ao final do mes de xuño para aqueles alumnos que non superen a materia na avaliación final, pero no momento da redacción desta adenda, non está aínda claro ese aspecto. De darse esa posibilidade, tratarase dun exame escrito que recolla os contidos tratados ao longo do ano, e no que o alumnado terá que acadar unha puntuación mínima de 5 para superar finalmente a materia.

        En calquera caso, os criterios de avaliación non cambian, e rexiranse polo que se indica na programación. Así, En relación á cualificación final, hai que ter en conta que a materia de francés réxese polo criterio de avaliación continua. Polo tanto, para aprobar a materia o alumno deberá nece-
sariamente ter superada a 3º avaliación. De haber unha progresión continua na que se demos-
tre que o alumno foi progresando axeitadamente e que os seus resultados seguiron unha liña 
regular, non se terán en conta a 1º e 2º avaliación para a avaliación final. Porén, de observarse un desleixamento ao longo dalgunha das avaliacións, entón computaranse as tres avaliacións
da seguinte maneira: 1º avaliación, 25%, 2º avaliación, 25%, e 3º avaliación, 50%.Considérase superada a materia cando se obteña unha puntuación igual ou superior a 5, sen redondeo previo.

 

 



page | by Dr. Radut