Skip to Content

VISITA GUIADA AO PARQUE NATURAL DUNAR DE CORRUBEDO

Parte do noso alumnado de 4º e 2º da ESO participou nunha viaxe educativa ao Parque Natural dunar de Corrubedo que está tan preto de nós e que ás veces non é suficientemente valorado. Este complexo constitúe unha magnífica representación da biodiversidade e da riqueza natural e paisaxística de Galicia: coas súas lagoas, sistemas dunares, praias e marismas. É ademais unha Zona Húmida RAMSAR, forma parte da Rede Natura 2000, e é unha zona de especial conservación (ZEC) de hábitats e especies de interese comuitaria e Zona de Especial Importancia para as Aves (ZEPA). Todo un luxo.

En definitiva un día ben aproveitado ao aire libre!!

Álbum: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA -> Parque Natural Dunar


album | by Dr. Radut