Skip to Content

Información relativa a intervención da Garda Civil no centro

Desde a dirección do centro gustaríanos dirixirnos ás familias cunha mensaxe  tranquilizadora e o mesmo tempo clarificadora sobre a polémica desatada tras unha intervención da garda civil no noso centro, o pasado venres 5 de decembro. 

En datas recentes atopáronse no centro evidencias de que estaba a producirse menudeo de marihuana no instituto. A investigación desenvolvida desde a dirección permitiu identificar ao alumnado implicado. O centro puxo esta información en coñecemento da garda civil  e se decidiu  unha intervención dentro do propio instituto cunha doble fin: terminar coa actividade deste reducido  grupo de alumnos, e ao mesmo tempo enviar unha potente mensaxe de que no IES da Pobra do Caramiñal hai unha tolerancia cero coas drogas.

 



book | by Dr. Radut