Skip to Content

Ausencias a clase por COVID19

Dacordo ca versión de 4 de novembro de 2020 do PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20201104_protocolo_xera...

  • Non pode acudir ao centro o  alumnado que teña os seguintes síntomas:
    • Febre maior de 37,5ºC
    • tose seca
    • Dificultade respiratoria
    • Fatiga severa (cansazo)
    • Dor muscular
    • Falta de olfacto
    • Falta de gusto
    • Diarrea

Deben consultar co centro de saúde nas primeiras  24 horas e informar ao IES en canto sexa  posible (881867064, 881867068, covid@iespobra.com)

 

  • Se aparecen síntomas compatibles durante a estancia no IES, avisarase á familia para que recolla ao alumno/a e faga a consulta telefónica co centro de saúde. Mentres, o alumno/a agardará na sala de iiamento habilitada para ese fin.

 

As persoas que conviven cunha persoa cun diagnóstico positivo da COVID-19, non poderán acudir ao centro, en virtude de ser considerados contactos estreitos.

Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa COVID (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interaccións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado, pero non será necesario que garden corentena no domicilio, podendo acudir tanto ao IES.

 

As persoas que teñan diagnóstico confirmado terán obriga de illamento durante 10 días. As persoas que teñan a consideración de contactos estreitos da persoa cun diagnóstico confirmado deberán entrar en corentena, estando illados nos seus domicilios e suspenderán, mentres dure esta, a asistencia ao centro por un período de 10 días, e sempre de acordo coas indicacións das autoridades sanitarias.

O restante alumnado da aula que non teña a consideración de contacto estreito poderá continuar coa asistencia presencial á aula. 

 



page | by Dr. Radut