Skip to Content

Erasmus

Erasmus+ (Ciclo Superior)

Dende a Dinamización de Programas Internacionais, infórmase que queda aberto o prazo para participar en mobilidades (2023-KA131- HED) para alumnado que estea cursando 2º curso de Ciclo Superior e desexe realizar unha mobilidade unha vez finalizado o ciclo formativo ou realizar a FCT no período setembro-decembro. O obxectivo destas mobilidades é realizar mobilidades de FCT nun país estranxeiro ou unha estadía nunha empresa ou institución de FP.

Erasmus + (FP Básica e Ciclo Medio)

Dende a Dinamización de Programas Internacionais, infórmase que queda aberto o prazo para participar en mobilidades para alumnado que estea cursando 2º curso de FP Básica e Ciclo Medio (2023-KA121-VET) ou para recentemente titulados no curso pasado (2022-2023). O obxectivo destas mobilidades é realizar mobilidades combinadas de FCT nun país estranxeiro ou unha estadía nunha empresa ou institución de FP.

Publicación acta definitiva Erasmus+ (2022-1-ES01-KA131-HED-000064182)

Queda publicada no taboleiro de anuncios do centro a acta definitiva de profesorado seleccionado para ser beneficiario dunha mobilidade baixo o proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182, de acordo co artigo artigo 13.4 da Resolución do 27 de decembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182  e persoal da Dirección Xeral de Formación Profesional de Formación Profesional.

Publicación acta provisional Erasmus+ (2022-1-ES01-KA131-HED-000064182)

Quedan publicadas no taboleiro de anuncios do centro as actas provisionais de profesorado seleccionado para ser beneficiario dunha mobilidade baixo o proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182.

Erasmus+ (Ciclo Superior)

Dende a Dinamización de Programas Internacionais, infórmase que queda aberto o prazo para participar en mobilidades para alumnado que estea cursando 2º curso de Superior (KA131-HED) ou para titulados no curso pasado (2022-2023). O obxectivo destas mobilidades é realizar mobilidades combinadas de FCT nun país estranxeiro ou unha estadía nunha empresa ou institución de FP.
Distribuir contido


by Dr. Radut