Skip to Content

Erasmus+ (Ciclo Superior)

Dende a Dinamización de Programas Internacionais, infórmase que queda aberto o prazo para participar en mobilidades para alumnado que estea cursando 2º curso de Superior (KA131-HED) ou para titulados no curso pasado (2022-2023). O obxectivo destas mobilidades é realizar mobilidades combinadas de FCT nun país estranxeiro ou unha estadía nunha empresa ou institución de FP. Toda a información (guía, criterios de selección e formularios de solicitude) está dispoñible na sección de Programas Europeos da web do centro.
 
data límite de inscrición é o domingo 28 de xaneiro de 2024, debéndose presentar a seguinte documentación:
  • Solicitude de participación (Anexo II).
  • Certificado de titularidade bancaria da persoa candidata.
  • No caso de viaxe ecolóxico, compromiso de empregar medios de transporte ecolóxicos tanto na ida como na volta (Anexo VI).
  • Certificado, de ser o caso, de coñecemento do idioma do país de destino ou do idioma de traballo (certificado de nivel B1, B2, C1 e C2).
  • Xustificación documental, de ser o caso, de persoa participante con menos oportunidades (Artigo 8.4 da Resolución).
  • Só no caso de opoñerse á consulta (Artigo 20 da Resolución): DNI/NIE da persoa solicitante, DNI/NIE da persoa representante (de ser o caso), expediente académico, certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social, certificado de estar ao día no pagamento á Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

Esta documentación entregarase preferiblemente por correo electrónico (<erasmusmonteneme@gmail.com>) coa sinatura electrónica da persoa interesada nos Anexo II e Anexo VI e coa sinatura electrónica da entidade financeira no caso do certificado de titularidade bancaria. De non ser o caso, esta documentación pode ser enviada escaneada por correo electrónico ou entregada en man ao Dinamizador de Programas Internacionais ou depositada na Sala do Profesorado (Venancio Serrano, armario 15).

O alumnado que presente a súa solicitude terá que asistir a Dirección o día da reunión da comisión avaliadora (martes 30 de xaneiro) para realizar a entrevista persoal establecida no artigo 8.3. De non asistir, enténdese que se renuncia á solicitude.

Para calquera consulta, podedes contactar co Dinamizador persoalmente (Venancio Serrano, Departamento de Administración e Xestión) ou no correo <erasmusmonteneme@gmail.com>.
 
Non deixes pasar a oportunidade e participa!


page | by Dr. Radut