Skip to Content

Publicación acta definitiva Erasmus+ (2022-1-ES01-KA121-VET-000064242)

Quedan publicadas no taboleiro de anuncios do centro as actas definitivas de alumnado e profesorado seleccionado para ser beneficiario dunha mobilidade baixo o proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242, de acordo co artigo artigo 10.4 da Resolución de 9 de novembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao medio e grao básico de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242 e o artigo 12.4 da Resolución do 9 de novembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242 e persoal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con responsabilidade na xestión das ensinanzas de Formación Profesional.

De acordo cos artigos 12 e 14 das devanditas Resolucións, unha vez que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (a proposta da Dirección Xeral de Formación Profesional) resolva estas peticións (esgotando a vía administrativa), as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.



page | by Dr. Radut