You are hereEmprendemento

Emprendemento


Peludos invisibles: proxecto solidario

Fabián, María e Raquel cumpriron os obxectivos do seu proxecto efímero titulado "Peludos invisibles" vendendo os 100 chaveiros cun fin solidario: doar as ganancias á protectora canina de Sanxenxo. O proxecto estaba programado para a semana do 15 ao 19 de xaneiro, pero en dous días lograron vender todo. Parabéns emprendedores!

En busca do emprendemento

Comezamos o segundo trimestre "emprendendo". O alumnado do módulo de Empresa e iniciativa emprendedora compartiu dúas sesións con expertos no mundo da empresa para profundizar no concepto do emprendemento.

O xoves 11 de xaneiro, o técnico do IGAPE Enrique Armesto e o socio fundador da empresa "Mediación móvil" Ignacio Fernández charlaron sobre a opción do autoemprendemento.

O luns 15 de xaneiro, Teresa Balado, asesora de "espazo coop" charlou sobre a formación de sociedades cooperativas.

Observando as rúas e comercios de Pontevedra para facer un estudo de mercado

ESte luns 30 de outubro, o alumnado de 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia percorreu as rúas comerciais de Pontevedra para facer un estudo de mercado real comparando diferentes negocios. A actividade, que forma parte do módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora, é un primeiro pasiño para deseñar o proxecto empresarial de fin de curso.

Visitamos a "Pont up store"

O alumnado de 2º curso dos ciclos da familia de Artes Gráficas visitaron o venres 22 de septiembre a feira "Pont-up store" para analizar as ideas que propoñen os novos emprendedores. Tamén presentouse o proxecto "Pontevan" co que colaborou o centro para deseñar a rotulación.

Obradoiro sobre emprendemento

O técnico de IGAPE, Roberto Vieites, e o empresario pontevedrés, Carlos Conde, impartiron un obradoiro de emprendemento para o alumnado de 2º curso dos ciclos formativos do IES.