Punto Laranxa contra o acoso escolar

Comercio e Marketing

Programa de Mobilidade de FP Dual

Esta semana o alumnado de 1° Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e de 1° Ciclo Medio de Comercialización do Produto Alimentario atópase en Rennes (Francia) e en Giulianova (Italia), respectivamente, desfrutando do Programa de Mobilidade de FP Dual. Ao longo desta semana realizarán diferentes actividades en institutos das respectivas cidades, visitas a empresas, saídas culturais, etc. coas que mellorar as súas competencias lingüísticas e culturais.

 

VISITA A INDITEX

Como cada curso, visitamos a sede da multinacional téxtil INDITEX. Os alumnos e alumnas de 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais percorreron as súas instalacións, departamentos e áreas loxísticas e de distribución. Sen dúbida, unha visita do máis interesante!

Analizando o escaparatismo e o deseño de espazos comerciais.

Os alumnos e alumnas de 2° de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais analizaron o escaparatismo e o deseño de espazos comerciais de varios dos establecementos do centro comercial Marineda City.

ESCAPARATE HALLOWEEN

Aproxímase o 31 de outubro, e o alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais xa preparou o escaparate correspondente.

VISITA Á FEIRA DE INTERNACIONALIZACIÓN EXPORPYMES

Alumnado de 2º de Comercio Internacional participou na VI edición da feira de internacionalización Exporpymes. Esta feira constitúe unha oportunidade única para coñecer o proceso de internacionalización de exportadores galegos así como diferentes experiencias comerciais da man de importadores internacionais.

 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer