Un ano máis, o Departamento de Educación Física organizou con 3.° da ESO a saída de escalada ao Petón (no Xalo), con posterior roteiro polo Rego das Xesteiras, para desfrutar das cores do outono.
Lembramos unha das saídas en bici que realizou hai unhas semanas o alumnado de 1.º da ESO. Desprazouse cara ao paseo marítimo en dirección Riazor polo carril bici ata chegar ao Milenium, ascensor do monte de San Pedro e continuación ata o Portiño. Cada grupo segundo o seu nivel fixo entre 8,5 e10 km, aproximadamente. Noraboa!!! Sodes uns/unhas ciclistas estupendos!!
Outra das actuacións é este aparcadoiro VMP (Vehículos de Mobilidade Persoal). Aquelas persoas que veñan ao centro en patinete eléctrico poden aparcalo ao fondo do corredor de Vicedirección-Secretaría. Ademais, existen enchufes para quen precise cargar o seu patinete.
Unha das primeiras actuacións dentro do proxecto de "Mobilidade Sostible" foi acondicionar o pavillón para que quen queira poida vir ao centro en bicicleta e deixala ben "aparcada" . Se tes interese usar este aparcadoiro, fáinolo saber e explicarémosche como acceder.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer