Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

Díaz Portela, Ana

AVISO 16/04:

  • O alumnado terá todas as tarefas de francés na AULA VIRTUAL DO CENTRO.
  • O BLOG terá todas as tarefas da aula virtual e, a maiores, material máis visual e actividades complementarias para reforzo: sourisenfle.blogspot.com 
  • Para dúbidas sobre as tarefas que se van a colgar na aula virtual o alumnado poderá contactar conmigo mediante dúas vías:
  1. instagram@sourisenfle
  2. email : anadiazportela@edu.xunta.gal
Na Aula Virtual, abrirase cada semana unha ou varias tarefas ( en función das horas semanais) a realizar, coas súas respectivas entregas. As entregas realizaranse a través da aula virtual ou vía email. No blog, poderedes atopar información adicional de apoio, lúdica e de entretemento. O instagram será unha vía máis de comunicación NON formal máis directa, e de compartir contido que se realice na "aula virtual" de forma colaborativa.

Información fin de curso

Ante as numerosas notas de prensa publicadas nos distintos medios de comunicación sobre como se vai desenvolver o final de curso 2019/2020, transmitimos que :

1-. Todas elas son iso, informacións de prensa. Aos equipos directivos dos centros non nos chegou ningunha comunicación oficial

2. Estas notas de prensa están referidas a reunión que se mantivo onte entre a Ministra de Educación do Goberno de España coas Conselleiras/os de Educación das distintas Autonomías, onde, según estas informacións, déronse liñas xerais de actuación.

3. A Conselleira de Educación ten programada para mañá, o 16/04, unha reunión coa Xunta Autonómica de Directoras/es, onde, en teoría, trasladaralles as decisións tomadas na reunión de onte e de cómo a Consellería de Educación ten previsto implementalas en todos os centros educativos da nosa Autonomía.

4. E, por fin, o venres día 17/04, haberá unha Xunta de Goberno do Consello da Xunta de Galicia, onde a Conselleira porá en común todos estes acordos co conxunto do Goberno de Galicia e, en teoría, dictarán instruccións claras para todos os equipos directivos dos centros educativos.

De producirse algunha outra novidade.... Informaremos tan pronto como teñamos algunha notificación oficial.

Moito ánimo.

Consellos de expertxs

Falamos do estudo

Falamos do estudo

Relaxando a tensión educativa

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer