Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

Meracadillo de intercambio de Nadal


Este proxecto, levado a cabo polo departamento de Comercio dentro da Axenda 21 e do Plan Proxecta, é  un mercadillo, e o seu espíritu é o da sostibilidade: intercambiar, reutilizar e reciclar.
Hai que traer algo, entregalo na aula A-B (Biblioteca) onde o alumnado daralle una clasificación cunha pegatina,  e poderá ser intercambiado por un obxecto con una pegatina do mesmo cor.
Ao final do mercadillo todas as doazóns serán recollidas por una O.N.G.

Días 20 e 21 de decembro na aula A-B


Noite Bohemia en León


 

  Noite Bohemia foi a León, invitada pola "Sociedad Española de Estudios Clásicos" de León a representar Aulularia e Electra, en dúas actuacións de cada unha o mesmo día, debido á gran afluencia de público, cunha media de máis de trescentas persoas por cada representación.
O obxectivo é afianzar o circuíto de actuacións da compañía na metade noroeste da península, onde en moitas cidades con gran interese en grecolatino e teatro clásico non teñen compañías ás que recorrer.
Tratáronnos moi ben tanto a organización como o excelente publico do que dispuxemos, que se riu a gargalladas con Aulularia e emocionouse con Electra.

Máis información en www.noitebohemia.com




O noso blog: "Movendo o cú!"


Blog dodepartamento de  Educación Física "MOVENDO O CÚ!"


Noite Bohemia actuará na Mostra de teatro afeccionado do Teatro Colón


Cartaz El perro del hortelano

Noite Bohemia levará ao Teatro Colon da Coruña a súa última comedia, "El Perro del Hortelano", o venres 19 de outubro ás 20:30 horas.
Animamos a todos a asistir.
A entrada custa 5€ e o abono de todas as actuacións da mostra, 15€.

MERCA A TÚA ENTRADA


Premios para os nosos grupos de teatro no "XV certame de teatro Candilejas Don Bosco"


Os grupos de teatro Noite Bohemia e Lusco e Fusco gañaron o primeiro premio na categoria Xuvenil con El Perro del Hortelano e o segundo premio na categoria Cadete con Aulularia no XV certame de teatro Candilejas Don Bosco que se celebra na Coruña.


Tamén gañaron premios a mellores actores,

  • Juan Filgueiras Rilo en Cadete por Megadoro en Aulularia
  • Alvaro Queiro Arias en Xuvenil por Teodoro en El Perro del Hortelano

 Foron destacadas as actrices por El Perro del Hortelano:

  • Yaiza Queiruga Pastrana
  • Ana Botana Botana

e por Aulularia:

  • Zoe Fuentes Rama
  • Carlota Carneiro Pedreira

Noraboa!


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer